Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos do sindicato Unións Agrarias de Galicia (UU.AA.).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto , de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou certificación do secretario de actas do IV congreso de Unións Agrarias de Galicia (UU.AA.), José Manuel Fontán Costas, con visto e prace da presidenta María Soledad Soneira Tajes, na que se fai consta-la modificación dos estatutos de Unións Agrarias de Galicia (UU.AA.), que foron aprobados por unanimidade no dito congreso celebrado en Silleda o día 14 de novembro de 1998.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais