Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Psicólogos Clínicos Privados (Agapcp).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación Gallega de Psicólogos Clínicos Privados (Agapcp), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser socios da asociación tódolos psicólogos que xustifiquen tal condición e acrediten desenvolve-lo seu labor profesional como psicólogos clínicos no sector privado.

Poderán integrarse tamén na asociación aqueles psicólogos que xustifiquen a súa formación en psicoloxía clínica, aínda que non exezan como tales.

Asina a acta de constitución: Joaquín Manuel de la Fuente e trece persoas máis.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais