Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación As Abellas.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previsto nel, faise público que, no correspondente servivio desta dirección xeral foron depositados acta de constitución e estatutos da Asociación As Abellas, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán ser membros da asociación as persoas físicas maiores de idade e as persoas xurídicas que teñan interese en servicios obxectivos da asociación recollidos no artigo 2 dos seus estatutos.

Asinan a acta de constitución: Mercedes Cofán Sabas e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais