Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 28 de decembro de 1998 a acta da asemblea xeral extraordinaria celebrada en Santiago de Compostela o día 20 de decembro de 1998, asinada polo secretario da devandita asociación, Ramón Sestayo Lestón, avalada co visto e prace do seu presidente, Domingo Dosil Cubelo, na que se reflicten os acordos

acadados por unanimidade, consistentes na modificacion dos artigos 2 e 7 dos estatutos.

Santiago de Composteal, 4 de xaneiro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Directoral xeral de Relacións Laborais