Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN de 18 de xaneiro de 1999 pola que acorda facer público o orzamento da Universidade da Coruña para o exercicio económico de 1999.

O Consello Social da Universidade da Coruña, de conformidade co disposto no artigo 14.2º da lei 11/1983, do 25 de agosto, e artículo 47.1º a) dos seus estatutos , na súa reunión do día 30 de decembro de 1998, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para 1999.

Este rectorado, de acordo co disposto no artigo 54.2º da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e artigo 199 dos estatutos da Universidade da Coruña, resolve facer público o devandito orzamento que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 11.216.952.000 pesetas, e segundo o detalle anexo:

A Coruña, 18 de xaneiro de 1999.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

1. Clasificación económica.

Ingresos: 11.216.952.000.

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos: 1.903.003.000.

Capítulo IV. Transferencias correntes: 7.597.232.000.

Capítulo V. Ingresos patrimoniaís: 93.760.000.

Capítulo VII. Transferencias de capital: 1.222.956.000.

Capítulo VIII. Activos financeiros: 400.001.000

Gastos: 11.216.952.000

Capítulo I. Gastos de persoal: 6.631.455.000.

Capítulo II. Gastos correntes en bens e servicios: 1.658.050.000.

Capitulo III. Gastos financeiros: 100.000.

Capítulo IV. Transferencias correntes: 231.000.000.

capítulo VI. Investimentos reaís: 2.696.346.000.

Capítulo VIII. Activos financeiros: 1.000.