Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.262

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da provincia da Coruña. (Convenio de fusión).

Visto o expediente do convenio colectivo de sector do comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal da provincia da Coruña (convenio de fusión) que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 26-11-1998, posteriormente rectificado con data 18-12-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Ferretería e Ferros; o Gremio Prov. de Xoieiros, Prateiros e Reloxeiros; Asociación de Maioristas de Material Eléctrico e a Asociación Provincial de Empresarios do Comercio de Materiais de Construcción e Decoración, e, da parte social por CC.OO., UGT, e CIG, o día 19-11-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de decembro de 1998.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial da Coruña de comercio de materiais de construcción e decoración e comercio do metal

1998-1999-2000-2001

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de aplicación para tódalas empresas e traballadores da provincia da Coruña, dedicados ó comercio dentro da actividade de comercio do metal e almacenistas de materiais de cons

trucción e decoración. Exceptúanse as empresas que teñan convenio propio, sempre que as súas condicións, consideradas no seu conxunto, sexan superiores ás aquí pactadas.

Tendo en conta que este é un convenio de fusión o ámbito de aplicación deste convenio coincide co que ata a data tiñan o do comercio do metal e o do comercio de materiais de construcción e decoración da provincia da Coruña.

En todo o non previsto neste convenio rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores e no acordo para a substitución da ordenanza de comercio, resolución da Dirección Xeral de Traballo, do 21 de marzo de 1996, BOE do 9-4-1996.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio terá vixencia para tódolos efectos, desde o 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro do 2001.

Calquera das partes poderá denuncia-lo convenio con, polo menos, dous meses de antelación ó remate da súa vixencia, mediante as formalidades previstas no artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Comisión mixta.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes na obriga e interpretación do convenio serán sometidas obrigatoriamente e como trámite previo á comisión mixta, que estará integrada paritariamente por tres vocais representantes das centrais sindicais asinantes deste convenio e tres dos empresarios afectados por el.

A comisión será convocada por calquera das partes, abondando para iso unha comunicación escrita na que se expresen data, lugar e hora para a celebración da reunión, a cal deberá contestar á outra parte nun prazo non superior a tres días. A reunión celebrarase no prazo improrrogable de 10 días desde a recepción da comunicación dela pola outra parte.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas ou de calquera índole, contidas neste convenio estimadas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes nas distintas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas cás convidas serán respectados e non absorbidos.

Artigo 5º.-Xeira de traballo.

Será de corenta horas á semana, cun cómputo anual máximo de 1.800 horas de traballo efectivo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais ata as 14 horas do sábado, con carácter xeral.

A parte empresarial, negociadora deste convenio, resérvase o dereito de facer extensiva a xornada ás tardes do sábado se as circunstancias do mercado o fan conveniente.

As xornadas dos sábados-ponte poderanse substituír por outras horas de traballo por acordo en cada empresa.

Artigo 6º.-Vacacións.

Concederanse trinta días naturais, dos cales quince como mínimo deberán selo entre os meses de marzo a setembro, ambos inclusive. De ser posible, desfrutarase o período de vacacións ininterrompidamente neses meses.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador ten dereito a coñece-la data do inicio con dous meses de antelación.

Os traballadores que desfruten dalgún período de vacacións entre o 31 de outubro e o 28 de marzo percibirán unha gratificación de 2.000 ptas.

Artigo 7º.-Salario hora profesional.

Para a súa determinación teranse en conta os conceptos seguintes:

a) Salario base.

b) As pagas extraordinarias de marzo, xullo e Nadal, na medida en que se pacte este convenio.

c) O premio de antigüidade consolidada.

d) Plus de permanencia na empresa.

Os conceptos anteriores refírense á xornada establecida neste convenio.

Artigo 8º.-Salario base.

Os salarios base establecidos por cada grupo e categoría profesional, por unidade de tempo, son os que se recollen nos anexos.

Artigo 9º.-Antigüidade.

As cantidades que viñesen percibindo os traballadores en concepto de antigüidade na data de publicación deste convenio no BOP pasarán a denominarse complemento persoal por antigüidade consolidada e non poderán ser absorbibles nin compensables, increméntandose tódolos anos na mesma proporción en que se incremente o salario base.

A partir da publicación deste convenio non se devengará por este concepto outras cantidades cás xa citadas.

Artigo 10º.-Plus de permanencia na empresa.

A partir da data de publicación no BOP deste convenio os traballadores percibirán a cantidade de 2.000 ptas. ó mes por cada catro anos de permanencia na empresa.

A aplicación levarase a efecto a partir do último tramo devengado na modalidade de plus de antigüidade.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse cun 75% de incremento sobre a hora ordinaria, segundo a normativa vixente. E poderanse compensar con horas de descanso.

A realización de horas extraordinarias será voluntaria para o traballador.

Nos días de vendas especiais de decembro, xaneiro ou xullo poderase prolonga-la xornada en tempo suficiente, e retribuirase como horas extraordinarias.

Consideraranse horas estructurais as precisas en épocas punta de venda e para a realización de inventario.

Suprímense as horas extraordinarias habituais.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal, delegados sindicais, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Así mesmo, en función desta información e dos criterios máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense tres pagas extraordinarias que se farán efectivas nos días laborables inmediatamente anteriores ó 15 de xullo, ó 22 de decembro e dentro do primeiro trimestre do ano a correspondente ó mes de marzo.

As tres aboaranse cunha mensualidade de salario base, plus de permanencia na empresa e do complemento persoal por antigüidade consolidada, poderán ratearse por mensualidades, por acordo entre a empresa e os traballadores.

Artigo 13º.-Plus de transporte.

Este plus será percibido en todos aqueles casos en que a empresa non transporte os traballadores desde as inmediacións dos seus domicilios ós seus respectivos centros de traballo.

Así mesmo, aínda dispondo de transporte propio, déixase á libre vontade dos traballadores utilizar ou non, percibindo o traballador neste último caso o importe correspondente ó plus establecido, sendo a contía do citado plus a que figura nos respectivos anexos, equivalentes ás que figuran tamén nos respectivos anexos por día de traballo.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso de traballadores considerarse feito a título de proba, de acordo coa seguinte escala correspondente á clasificación do persoal nos distintos grupos profesionais. A saber:

-Grupo de mandos: seis meses

-Grupo de técnicos: seis meses

-Grupo de profesionais: un mes

-Grupo de iniciación: un mes

Durante este período, tanto o traballador coma a empresa poderán, respectivamente, desistir da proba ou proceder ó despedimento sen aviso previo, sen que ningunha das partes teña por iso dereito a indemnización.

Transcorrido o prazo referido, o traballador pasará a figurar no cadro de persoal da empresa e o tempo que servise en calidade de proba seralle computado para efectos de aumentos periódicos polo tempo de servicio que establece o presente convenio.

Os períodos de proba sinalados non son de carácter obrigatorio e as empresas poderán en consecuencia proceder á admisión do persoal con renuncia expresa, total ou parcial, á súa utilización.

Artigo 15º.-Contrato de traballo.

O persoal, atendendo á súa permanencia, clasificarase en fixo e interino.

O persoal que non sexa fixo deberá necesariamente subscribir contrato escrito, de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre contratación temporal.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

O persoal da empresa terá a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador

b) Dous días por asuntos propios, que poderán ser acumulados ás vacacións logo de acordo coa empresa.

c) Nacemento de fillo, morte ou enfermidade do cónxuxe, ascendentes e descendentes ata segundo grao por consanguinidade ou afinidade.

A duración deste licencia será de 15 días, agás para os traballadores que leven 4 anos na empresa, que será de 20 días, en caso de matrimonio e ata de 5 días nos demais casos, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador deba facer e as demais circunstancias que no caso concorran. Atendidas estas, a dirección da empresa que concedera a licencia poderaa prorrogar sempre que se solicite debidamente.

d) Un día por traslado por domicilio habitual

e) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

f) Cando conste en forma legal ou convencional un tempo determinado rexerá o que esta dispoña.

g) Polo tempo establecido legal ou convencionalmente para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal.

Artigo 17º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán a cada traballador, que o deberían recibir segundo os convenios fusionados ó iniciaren o seu traballo, dous uniformes de traballo e dos equipos de traballo de protección necesarias, de acordo coas normas de seguridade e hixiene no traballo.

Estas pezas de roupa serán renovadas a medida que o uso as deteriore, e en calquera caso a empresa terá que facer entrega dunha nova cada ano, ó se iniciar este.

Artigo 18º.-Xubilación.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para todos aqueles traballadores con dereito ó 100% da base reguladora.

Establécense dous sistemas, os que a seguir se enuncian coas letras a) e b). O traballador poderá optar por un ou outro sistema.

Opción a). O traballador que, por proposta da empresa e de acordo con ámbalas partes, se xubile voluntariamente con anterioridade a cumprir 65 anos terá dereito a percibir por parte da empresa unha cantidade periódica que, sumada á prestación por xubilación sexa igual ó 100% da base reguladora establecida polo INSS para o cálculo da pensión, ata que faga os 65 anos.

Percibirá, ademais, no momento de se xubilar, un premio equivalente á sexta parte do salario anual máis complemento persoal de antigüidade consolidada e plus de permanencia na empresa.

Opción b) As empresas aboarán un incentivo de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade como mínimo nela se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación ós 60 anos: 14 mensualidades de salario base, plus de permanencia na empresa e complemento persoal por antigüidade consolidada.

-Por xubilación ós 61 anos: 11 mensualidades de salario base, plus de permanencia na empresa e complemento persoal por antigüidade consolidada.

-Por xubilación ós 62 anos: 8 mensualidades de salario base, plus de permanencia na empresa e complemento persoal por antigüidade consolidada.

-Por xubilación ós 63 anos: 5 mensualidades de salario base, plus de permanencia na empresa e complemento persoal por antigüidade consolidada.

-Por xubilación ós 64 anos: 1 mensualidade de salario base, plus de permanencia na empresa e complemento persoal por antigüidade consolidada.

Para a súa percepción haberá que solicitalo polo menos tres meses antes do cumprimento da idade correspondente.

Artigo 19º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas subscribirán un seguro que cubra os seguintes riscos, por accidente, durante as vintecatro horas do día:

Por morte ou invalidez absoluta e total ocasionada por accidente: 2.000.000 de ptas.

As empresas que contratasen o correspondente seguro cunha compañía aseguradora non responderán, en ningún caso, do pagamento da indemnización por accidentes aquí pactadas.

Artigo 20º.-Cláusula de desvincualción.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito deste convenio.

Para as empresas que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo establécense os seguintes mecanismos:

1. Comisión paritaria do convenio.

2. Negociación coa representación legal dos traballadores.

3. Mecanismos do AGA.

A tódolos mecanismos citados anteriormente achegarase a seguinte documentación:

-Acreditación por medio da contabilidade dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que durante eles se producen perdas reais.

-Plan de viabilidade para o período durante o que se pretende a aplicación da dita cláusula de atención e a xustificación económica, e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

Na súa aplicación poderanse pactar reduccións sobre as porcentaxes de incrementos negociados ou a súa total inaplicación polo período que se determine, neste último caso aplicaranse os aspectos económicos nos mesmos termos que figuran no convenio anteriormente vixentes.

Os representantes legais dos traballadores, membros da comisión paritaria así como os seus asesores están obrigados a tratar e mante-la maior reserva da información recibida e os datos a que tivesen acceso como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, por conseguinte, respecto a todo iso, sixilo profesional.

Artigo 21º.-Contratación temporal.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmo dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro salvo as limitacións que se deriven da natureza e duración do contrato.

O contrato previsto no artigo 15.1º b) do ET poderá ter unha duración máxima de 13 meses dentro dun período de 18 meses.

Artigo 22º.-Contratación indefinida.

As empresas obríganse a ter unha porcentaxe de emprego fixo respecto ó cadro de persoal total de polo menos un 50%.

Por petición da representación legal dos traballadores as empresas entregarán por escrito a esa representación, semestralmente, a relación de traballadores coa modalidade de contrato que ten cada un deles. A comisión paritaria poderá requirir das empresas a mesma información.

Así mesmo, de acordo co establecido na letra b) do punto 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, ámbalas partes coinciden en que durante a vixencia deste convenio será posible a conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio no contrato para o fomento da contratación indefinida regulado pola dita disposición.

Artigo 23º.-Mobilidade xeográfica.

Será facultade da empresa o traslado de persoal a outro centro de traballo da empresa, sempre que se atope en municipios limítrofes ou sempre que a distancia non supere os 20 km. A empresa deberá aboarlle ó traballador a diferencia do prezo do traslado desde o seu domicilio ó novo centro de traballo, se a houber. No resto dos casos rexerá o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 24º.-Enfermidade ou accidente.

Sen prexuízo das condicións máis favorables que estivesen establecidas nas empresas comprendidas neste convenio, en caso de enfermidade común ou profesional ou de accidente, sexa ou non de traballo, observaranse as seguintes normas:

1. En caso de incapacidade laboral por enfermidade ou accidente, debidamente acreditado pola Seguridade Social, do persoal comprendido no seu réxime de asistencia, a empresa complementará as prestacións obrigatorias ata o importe íntegro das súas retribucións, ata o límite de 18 meses, aínda que o traballador fose substituído. O mesmo tratamento outorgaráselle á muller embarazada.

2. Ó persoal que en caso de enfermidade común ou accidente non laboral non teña cumprido un período de cotización de 180 días, dentro dos cinco anos inmediatamente anteriores ó feito causante, a empresa virá obrigada a satisface-la retribución básica ata que sexa cuberto o dito período de carencia.

Artigo 25º.-Xubilación especial ós 64 anos.

Ós 64 anos poderán facer uso os traballadores da xubilación especial co 100% dos dereitos pasivos, debendo a empresa contratar en forma simultánea a traballadores desempregados rexistrados na oficina de emprego, por calquera das modalidades de contrato vixentes na actualidade, agás as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración dun ano. A aplicación deste artigo será incompatible coa do artigo 18º deste convenio.

Artigo 26º.-Axudas de custos.

A axuda de custos completa será de 4.000 ptas. e a media axuda de custos de 1.400 ptas.

Terá dereito a percibir axuda de custos completa o traballador que teña que pasa-la noite fóra do seu domicilio habitual e media axuda de custos o que teña que xantar fóra do lugar habitual, por realizar tarefas fóra do centro de traballo.

Artigo 27º.-Dereitos sindicais.

As empresas respectarán o dereito dos traballadores a se sindicaren libremente.

Os traballadores afiliados a un sindicato ou asociación legalmente constituídos poderán distribuír información e recadar cotas fóra das horas de traballo sen perturba-la actividade normal da empresa.

Por requirimento dos traballadores afiliados a un sindicato con incidencia superior ó 15% do cadro

de persoal do centro de traballo, as empresas descontarán na nómina do persoal o importe da cota sindical correspondente. O traballador interesado remitirá un escrito á empresa no que expresará a orde de desconto, a central á que pertence, a contía da cota así coma o número da conta corrente a que debe ser transferida a cantidade.

As empresas efectuarán as antedidtas detraccións salvo indicación en contrario, durante períodos dun ano.

Os representantes dos traballadores elixidos conforme a normativa vixente disporán dun crédito de horas para o desenvolvemento da súa actividade sindical.

As horas retribuídas dos membros do comité de empresa ou delegados de empresa de máis de trinta traballadores poderanse acumular para seren desfrutadas por un ou varios de entre eles sen supera-lo número total, e logo de acordo dos interesados, notificando á dirección da empresa con oito días de antelación ó comezo do mes de que se trate e non supoña alteración grave de réxime laboral dela.

Artigo 28º.-Salario e garantías salariais.

O salario base do convenio será o que figura na táboa salarial anexo I deste convenio. Esta táboa aplicaráselles ás empresas dedicadas ó comercio de materiais de construcción e decoración e a aquelas de nova creación dedicadas á actividade de comercio metal.

As empresas que o día 31-12-1997 se dedicaban ó comercio metal aplicarán a táboa prevista no anexo II deste convenio.

O incremento económico para o ano 1998 será do 2,6% no salario base e no plus transporte. Para os anos seguintes de vixencia do convenio o incremento do salario base, plus transporte e plus persoal de antigüidade consolidada será:

Ano 1999: IPC previsto para ese ano.

Ano 2000: IPC previsto para ese ano máis 0,5%

Ano 2001: IPC previsto ano.

Cláusula de revisión salarial: en caso de que o IPC real dos anos 1998 e 1999 sexa superior ó IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado para eses anos producirase unha revisión salarial polo dito exceso. Tal revisión será co obxecto de calcula-los salarios do ano seguinte.

En caso de que o IPC real dos anos 2000 e 2001 sexa superior ó IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado para eses anos producirase unha revisión polo dito exceso. Tal revisión será co obxecto de calcula-los salarios do ano seguinte.

O incremento salarial establecido terá carácter retroactivo desde o 1-1-1998 e tanto as novas táboas como os atrasos correspondentes deberán ser aboa

dos no prazo máximo da segunda nómina a contar desde a sinatura do convenio.

As táboas do salario base do anexo II igualaranse coas do anexo I no período de vixencia do convenio, a razón de Œ da diferencia cada un dos anos de vixencia deste convenio a partir do 1-1-1999. En caso de que algún dos cuartos sexa inferior a 1.000 ptas., a cantidade de acercamento será de 1.000 ptas., agás no último cuarto que será a cantidade que corresponda. O 31-12-2001 só existirá unha táboa, a do anexo I.

Artigo 29º.-Anticipos.

Os traballadores que perciban os seus salarios en liquidación mensual poderán percibir semanal ou quincenalmente anticipos por un importe igual ós salarios devengados.

Artigo 30º.-Promoción profesional.

O auxiliar administrativo que teña unha antigüidade de 5 anos nesta categoría pasará automaticamente á categoría de oficial administrativo sempre que non exista persoal con esa categoría na empresa.

Artigo 31º.-Traballos de superior categoría.

En caso de que por necesidade da empresa un traballador fixese traballos de categoría superior, percibirá o salario correspondente á categoría superior. Se pasados tres meses o traballador seguise realizando os mesmos traballos poderá promover expediente de clasificación perante a autoridade correspondente.

Os traballos de carga e descarga, así como o reparto de mercadorías, considerarase traballo ordinario para tódalas categorías de chóferes, mozos e dependentes, debendo colaborar todos nelas segundo determine a dirección da empresa.

Artigo 32º.-Cláusula de adhesión ó AGA.

Ante a importancia que pode ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do Acordo Interprofesional Galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo (AGA), asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO., UGT e CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a súa vixencia, acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formuladas.

Disposición transitoria

As partes asinantes deste convenio habilitan a súa comisión mixta para que proceda a elaborar unha nova clasificación profesional e a definición de categorías tal e como establece o acordo marco de substitución da ordenanza. Unha vez elaborada será remitida á autoridade laboral para que proceda ó seu rexistro, depósito e publicación. A dita clasificación profesional virá substituí-la existente.

ANEXO I

Convenio colectivo provincial do comercio

de materiais de construcción e decoración

Táboas salariais 1998

Categoría

Salarios

Cómputo

anual

Xefe de persoal121.6311.933.977
Xefe de vendas110.0801.760.712
Xefe de compras110.0801.760.712
Encargado xeral121.6311.933.977
Xefe de almacén110.0801.760.712
Xefe de sucursal110.0801.760.712
Xefe de grupo102.7851.651.287
Xefe de sección102.7851.651.287
Viaxante97.6061.573.602
Dependente101.0401.625.112
Dependente maior101.0401.625.112
Axudante92.4601.495.412
Trab. contratados en Práct. e Form.74.4551.226.337
Xefe de Admón. de primeira121.6311.933.977
Xefe de Admón. de segunda110.0801.760.712
Xefe de sección102.7851.651.287
Contable, caixeiro, Taq. idiomas Estranx.102.7851.651.287
Oficial administración102.7851.651.287
Auxiliar administrativo94.1961.522.452
Aspirante ata 18 anos74.4551.226.337
Auxiliar de caixa de 16 anos74.4551.226.337
Auxiliar de caixa de 18 anos92.4601.495.412
Debuxante102.7851.651.287
Escaparatista108.0891.730.847
Rotulista e cortador101.0401.625.112
Profesionais de oficio de primeira101.0401.625.112
Profesionais de oficio de segunda97.6061.573.602
Axudante de cortador92.4601.495.412
Axudante de Ofic. mozo Esp. Telef.92.4601.495.412
Traballadores menores de 18 anos74.4551.226.337
Chofer camión101.0401.625.112
Vixilante e limpadora90.4421.466.142
Cobrador, conserxe e celador, Ord. Po.97.6061.573.602
Mozo dos recados maior de 18 anos90.7291.470.447
Mozo dos recados de 16 a 18 anos74.4551.226.337
Mozo, envasador, cosedor90.7291.470.447

Plus de transporte9.926

Convenio colectivo do comercio do metal

Táboas salariais 1998

Categoría

Salarios

Cómputo

anual

* Grupo I
Titulado grao superior110.1031.760.985
Titulado grao medio102.3731.645.035
A.T.S.96.9621.563.870

* Grupo II
-P. mercantil-T. non titulado:
Director113.2001.807.440
Xefe de división107.7881.726.260
Xefe de persoal107.0121.725.120
Xefe de compras107.0121.725.120
Xefe de vendas108.5591.737.825
Encargado xeral108.5591.737.825
Xefe de sucursal102.3731.645.035
Xefe de almacén102.3731.645.035
Xefe de grupo100.0561.610.280
Xefe de S. mercantil97.7341.575.450
Encargado establecemento97.7341.575.450
Vendedor, cobrador95.4161.540.680
Intérprete94.3891.525.275
-Persoal mercantil:
Viaxante96.1881.552.260
Corredor de praza95.4161.540.680
Dependente maior100.8301.621.890
Dependente94.5981.528.410
Axudante90.0041.459.500
Traballadores de menos de 18 anos68.040952.560

Categoría

Salarios

Cómputo

anual

* Grupo III
-Persoal Admón., T. non Tit. Admón., propiamente dito:
-Persoal técnico non titulado:
Director113.2001.807.440
Xefe de división107.0121.725.120
Xefe administrativo103.9181.668.210
Secretario94.6401.529.040
Contable96.1881.558.260
Xefe Sec. administrativa100.8301.621.890
-Persoal administrativo:
Taquim. idioma Estr.96.1881.552.260
Oficial Adm. operador Maq. contable94.6401.529.040
Auxiliar administrativo90.0041.459.500
Aspirante menor de 18 anos68.040952.560
Aux. caixa menor 18 anos68.040952.560
Aux. caixa de 18 a 20 anos90.0041.459.500
Aux. caixa de 20 anos90.0041.459.500

* Grupo IV
-Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de sección99.7361.605.480
Debuxante102.3741.645.035
Escaparatista100.8301.621.890
Axudante de montaxe90.0041.459.500
Delineante91.5521.482.720
Visitador91.5521.482.720
Rotulista91.5521.482.720
Cortador95.4321.540.920
Axudante cortador80.7441.320.600
Xefe de taller91.5521.482.720
Profesional de oficio de primeira90.0041.459.500
Profesional de oficio de segunda90.0041.459.500
Profesional de oficio de terceira/axudante90.0041.459.500
Capataz90.0041.459.500
Mozo especializado90.0041.459.500
Ascensorista90.0041.459.500
Telefonista90.0041.459.500
Mozo90.0041.459.500
Empaquetadora90.0041.459.500
Repasadora medias90.0041.459.500
Cosedor sacos90.0041.459.500

ANEXO II

Categoría

Salarios

Cómputo

anual

Persoal subalterno90.0041.459.500
Conserxe90.0041.459.500
Cobrador90.0041.459.500
Vixilante ou sereno90.0041.459.500
Porteiro90.0041.459.500
Persoal limpeza horas472

Plus de transporte9.120