Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 04 de febreiro de 1999 Páx. 1.260

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico a favor da vila de Ribadeo, provincial de Lugo.

Con motivo da entrada en vigor da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro) e tendo transcorrido os prazos ( previstos no artigo 12.3º da indicada lei), para a incoación de expediente de declaración de ben de interese cultural, con categoría de conxunto histórico, a favor da vila de Ribadeo, provincia de Lugo, é preciso retomar de novo os trámites legalmente establecidos para proceder á súa declaración como tal ben.

En consecuencia, vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral, e órganos consultivos da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en materia de bens culturais, esta dirección xeral

RESOLVO:

Primeiro.-Incoar expediente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico, a favor da vila de Ribadeo, provincia de Lugo.

Segundo.-Delimita-la zona afectada pola dita incoación da maneira que se especifica literal e graficamente nos anexos I e II da presente resolución.

Terceiro.-Notifica-la presente resolución ó Concello, ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado,ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e ós demais interesados.

Cuarto.-Por tratarse dun ben inmoble, e de conformidade co artigo 35 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, quedan en suspenso as correspondentes licencias municipais de parcelación, edificación y demolición nas zonas afectadas, así como os efectos das xa outorgadas. A suspensión dependerá da resolución ou caducidade do expediente incoado.

As obras que, por causa de forza maior, interese xeral ou de urxencia, debesen de realizarse con carácter inaprazable, precisarán en todo caso, auto

rización dos órganos competentes da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Quinto.-A presente resolución será publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información pública dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de l999.

Angel Sicart Giménez

Director xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Comeza a delimitación no punto 1, situado no peirao de Porcillán e sobe pola Avdª. de Calvo Sotelo para continuar pola estrada do Faro ata o punto 2, onde vira á esquerda para engloba-los edificios situados no cruzamento da Avdª de Calvo Sotelo e a estrada do Faro (números 1, 2 e 3) e saír de novo á Avdª de Calvo Sotelo.

Desde aquí sobe polo eixe desta avenida ata o punto 3, situado detrás do Teatro, onde vira en dirección oeste polas traseiras dos edificios 2, 8 e 10 da rúa San Roque, incluíndo a praciña de San Roque e continuando pola rúa Lazurtegui ata o punto 4, situado no límite norte da parcela nº 18 da rúa San Roque, onde vira en dirección sur polo lindeiro desta parcela uns 30 metros.

Desde aquí avanza en dirección oeste coincidindo cos lindeiros traseiros das parcelas da rúa San Roque

ata o punto 5 no encontro do Camiño das Picarolas. En dirección sur e cruzando a rúa Virxe do Camiño chega ó punto 6, situado no lindeiro da parcela nº 5 da Virxe do Camiño, a uns 40 metros da liña da fachada.

Desde aquí , e en liña quebrada, percorre as parcelas dos edificios que dan fronte á rúa San Roque e á rúa Rodríguez Murias ata o punto 7 na rúa Reinante, logo de inclui-los edificios números 2 e 4 da dita rúa. Cruza a rúa e penetra no cuarteirón, incluíndo o edificio nº 3, e desde aquí percorre as parcelas dos edificios que dan as rúas Vilafranca do Bierzo e San Francisco, ata chegar á Avenida de Asturias no punto 8.

Discorre pola Avdª de Asturias, pero incluíndo os edificios números 20, 18, 16, 14. 12, 10, e 8 ata o seu encontro coa rúa Clemente Martínez Pasarón, punto 9. Segue pola dita rúa, en dirección norte, para desviarse polo lindeiro da parcela nº 21 en dirección leste, percorrendo logo os límites traseiros das parcelas 21, 19, 17, 15 e 13 da rúa Clemente Martínez Pasarón e baixando polo muro do convento de Santa Clara ata o encontro coa Baixada a Mirasol no punto 10.

Sobe por esta rúa ata o punto 11 situado na primeira edificación da marxe dereita onde xira en dirección sudeste e baixa polo lindeiro ata a ría, entrando nela 50 metros desde o eixe do paseo marítimo, punto 12. Desde aquí, en paralelo co paseo marítimo, avanza ata pecha-la delimitación no punto 1.