Recibiuse nesta consellería escrito da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo número 01/0001626/1998, interposto por Manuela Vilas Vázquez contra resolucións da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 1 de xuño e do 28 de setembro de 1998.
Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 61 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.
Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 64 da citada lei, modificado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, notifícaselles a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos ante a referida sala no prazo de nove días.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo