Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 21 de decembro de 1998, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de intervención número 10 (Entregaleras) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido por Construccións Otero Pombo, S.A.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de actuación, que se propón desenvolver a través do sistema de compensación de propietario único.

O ámbito da actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

-Norte: colexio Reina Fabiola.

-Sur: edificios números 26 a 29 da rúa Carme de Abaixo, e traseiras deles ata a rúa Entregaleras.

-Leste: rúa Entregaleras.

-Oeste: rúa do Carme de Abaixo (números 10 e 11).

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión do Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado