Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 11 de xaneiro de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución número 16 (U-16)-Muíño de Sar, do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido por Construccións Pepe Noya S.L.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de execuión, que se propón desenvolver a través do sistema de compensación de propietario único.

O ámbito de actuación sitúase na confluencia da rúa Ponte de Sar (a partir do número 39) coa rúa do Gaiás e a travesa de Ponte de Sar.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 44.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Planeamento e Xestión do Pazo de Raxoi, e formular por escrito as alegacións que coiden oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado