Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.245

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 12-1-1999, aprobou definitivamente o Plan Especial de Protección de Cabo Udra, de conformidade co establecido no artigo 50 da Lei do solo de Galicia en relación co artigo 48.2º do mesmo corpo legal, procédese á publicación do devandito acordo no DOG e no BOP; así mesmo publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado do Contencioso, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación, logo da comunicación a este concello (artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Bueu, 20 de xaneiro de 1999.

Xosé Novas Piñeiro

Alcalde