Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración e instalación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a subministración e instalación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), c/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 59 04 67.

b) Número de expedente: CP nº 2/99.

2. Obxecto do contrato.

Subministración e instalación da rede de voz e datos para o edificio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). O concurso proponse nos seguintes lotes:

Lote 1: infraestructura de rede para o Igape.

Lote 2: equipos de interconexión de rede para o Igape.

a) Lugar de instalación: a instalación realizarase na sede do Igape en San Lázaro, ou lugar donde o instituto designe.

b) Prazo de instalación: comezará no máximo de sete días desde a notificación da adxudicación, logo da constitución da garantía definitiva, tendo que

estar realizada nun prazo máximo dun mes desde o seu inicio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 27.674.000 ptas., IVE incluído, distribuído do seguinte xeito:

Lote 1: infraestructura de rede para o Igape: 19.374.000 ptas.

Lote 2: equipos de interconexión de rede para o Igape: 8.300.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación.

6. Obtención de Documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01

e) Telefax: 981 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público ás 10 horas do oitavo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito na r/ Frei Rosendo Salvado, 16-baixo, Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica