Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 15 de xaneiro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica a proposta do expediente de desafiuzamento por non ocupación 67/1998, por resultaren descoñecidos os seus domicilios.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícanselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente para a resolución do contrato, prevista nos artihos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación á proposta perante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; poderán ale

gar por escrito o que consideren conveniente, se é o caso, propoñendo as probas que crean oportunas no seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por rematado o trámite e o expediente seguirá o seu curso.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 15 de xaneiro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 67/1998 (non ocupación).

Adxudicatario: Joaquín Pereiro Anido e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Avda. 19 de febreiro, bloque 4, portal 3, baixo Esqda., Ferrol.

(C-79, conta 42).