Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.227

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (111/1998-10).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber

que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 111/1998-10, por instancia de Alberto García Mallou e Davil Mallou Valiño contra José Vázquez Rull e José Antonio Vázquez Castro, nas actuacións do cal se dictou sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o seguinte:

«En nome de Súa Maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela o 10 de decembro de 1998, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución que no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 111/1998 no que actuaron como partes, como denunciantes, Alberto García Mallou e Davil Mallou Valiño e como denunciado José Vázquez Rull e Juan Antonio Vázquez Castro.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo a José Vázquez Rull e Juan Antonio Vázquez Castro. Contra esta sentencia poderán interpo-los interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 15 días desde a notificación mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal no que se basee a impugnación e se fixará domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión.

Así mesmo, deberá acreditarse que se pediu a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, agás no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non poido proporse en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así por esta miña sentencia, xulgado definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e sirva de notificación a José Vázquez Rull e José Antonio Vázquez Castro, expido e asino en Santiago de Compostela o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado