Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.227

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (134/1998-01).

Eu, Victoria Moyano Ruiz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número un de Carballo, dou fe e certifico que en xuízo de faltas número 134/1998, seguidos perante este xulgado por lesión, sendo denunciante Luisa Teresa Moreno Gómez e denunciado José Manuel Barreiro Román nos que recaeu sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia número. En Carballo o dezasete de decembro de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas número 134/1998, sobre lesións en que foron partes o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, como denunciante Luisa Teresa Moreno Gómez, asistida do letrado Fernández Pombo e como denunciado José Manuel Barreiro Román, comparecendo a denunciante e non o facendo o denunciado a pesar de que foi citado en legal forma, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, en nome de El-Rei, dictou a seguinte sentencia.

Que debo condenar e condeno a José Manuel Barreiro Román, como autor penal e civilmente responsable dunha falta de lesións, á pena dun mes de multa a razón de mil pesetas de cota diaria, con responsabilidade persoal en caso de non-pagamento, a razón dun día de prisión por cada dúas cotas diarias non satisfeitas (artigo 53 do Código Penal) e a que indemnice a Luisa Teresa Moreno Gómez na cantidade de vinte mil pesetas polas lesións sufridas, así como ó pagamento das custas causadas en autos. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes prevíndoas de que contra ela poderán interpoñer, perante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ás partes orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Manuel Barreiro Román, que se encontra en paradoiro descoñecido e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Carballo o dezaoito de decembro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado