Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-11-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa,

e da parte social, polos delegados de personal, con data do 30-9-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en mateia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de decembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

I Convenio colectivo do centro de traballo do Porriño da empresa Servicios de Distribución Frigorífica de Galicia, S.A.

Preámbulo.

Despois de se ter realizada a subrogación do persoal do centro de traballo do Porriño da empresa Frigodís, S.A. na S.D.F. Galicia, S.A., con data do 1 de xaneiro de 1997, estívose a aplicar ó citado persoal o texto do convenio colectivo xeral de Frigodís, a pesar de o convenio colectivo polo que se rexe S.D.F. Galicia, S.A. se-lo de transportes de mercadorías por estrada.

Unha vez vencidos ámbolos convenios, tanto a representación sindical como a representación da empresa tomaron a decisión de negociar e aprobar un convenio colectivo novo aplicable unicamente ó persoal do citado centro de traballo pertencente xa á empresa S.D.F. Galicia, S.A.

É vontade de ámbalas partes que, debido ás circunstancias e características concretas deste centro de traballo, existan nalgún punto concreto diferencias entre as obrigas dos traballadores provenientes da subrogación de Frigodís, S.A. e o persoal de nova contratación que poida no futuro empregar S.D.F. Galicia, S.A. no centro de traballo do Porriño.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo afecta o centro de traballo que a empresa Servicio de Distribución Frigorífica Galicia, S.A. ten aberto no Porriño (Pontevedra).

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

O convenio terá unha duración de dous anos contados desde o 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1999. Entrará en vigor ós dez días do seu asinamento mais os efectos económicos dos salarios pactados para o primeiro ano de vixencia do convenio retrotraeranse ata o 1 de xaneiro de 1998.

Entenderase prorrogado de ano en ano, salvo denuncia de calquera das partes con tres meses de anticipación, como mínimo, á data da súa terminación. A denuncia deberase facer por escrito, dirixida á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Estas normas obrigan a totalidade do persoal contratado pola empresa no centro de traballo do Porriño, tanto se realizan función técnica como manual, exceptuando unicamente aquelas persoas a que alude o artigo 2 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 4º.-Absorción.

As melloras que por disposición legal ou regulamentaria se poidan establecer no futuro serán absorbibles polos aumentos acordados neste convenio, sempre e cando superen os beneficios que se concedan no seu conxunto.

Artigo 5º.-Situacións persoais.

Respectaranse as situacións persoais que con carácter de cómputo anual excedan destas normas, estrictamente ad personam.

Como as melloras económicas que se implantan en virtude deste convenio teñen o carácter de mínimas no seu conxunto, subsistirán os pactos, cláusulas e situacións de feito establecidas por costume xeral ou do lugar, implantadas pola empresa, que significasen condicións máis beneficiosas para os traballadores.

Artigo 6º.-Soldos e salarios.

O persoal afectado por este convenio, segundo as categorías, deberase rexer, o primeiro ano de vixencia, do 1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998, polas táboas salariais anexas.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas neste convenio colectivo forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán considerados globalmente en cómputo anual.

No suposto de a autoridade ou xurisdicción competente, no exercicio das súas facultades, non aprobar ou modificar algunha das súas cláusulas, as partes deberán reunirse para revisa-lo texto do convenio.

Artigo 8º.-Regulación.

Os contratos do persoal, calquera que for a súa modalidade, adaptaranse ás formas e condicións establecidas polas disposicións legais vixentes.

Artigo 9º.-Período de proba.

O persoal de novo ingreso terá carácter provisorio durante un período de proba variable, segundo a índole do labor, segundo a seguinte escala:

Técnicos titulados: seis meses.

Titulados de grao superior, contr. prácticas: tres meses.

Titulados de grao medio, contr. prácticas: dous meses.

Contratos de aprendizaxe: un mes.

Resto do persoal: dous meses.

Durante os períodos que se sinalan, tanto o traballador como a empresa poderán proceder á rescisión do contrato, sen aviso previo nin dereito a indemnización. Será nulo o pacto que estableza un período de proba cando o traballador xa desempeñase as mesmas funcións con anterioridade na empresa, e dentro da mesma categoría profesional, baixo calquera modalidade de contratación.

O traballador desfrutará durante o período de proba da retribución que corresponda á categoría profesional do traballo en que se clasificase. O período de proba será computado para efectos de antigüidade.

Superado o período de proba, o traballador pasará a se integrar na empresa, coa categoría que corresponda en cada caso.

Artigo 10º.-Postos especiais.

A empresa procurará emprega-lo persoal con capacidade física ou intelectual diminuídas pola idade ou outros inconvenientes ocorridos antes da súa xubilación en destinos adecuados ás súas condicións reais, no caso de existiren estes postos. Igual criterio seguirase con quen se encontre na situación de invalidez permanente parcial para a súa profesión habitual.

Artigo 11º.-Cesamentos.

Todo empregado terá dereito a rescindi-lo seu contrato de traballo sen estar obrigado a alega-las causas da súa determinación.

Cando un traballador pretenda a rescisión do contrato, deberá seguir a presta-los seus servicios en canto non transcorran os prazos sinalados a seguir:

Técnicos titulados: tres meses.

Titulados grao sup., contr. prácticas: un mes.

Titulados grao med., contr. prácticas: un mes.

Resto do persoal: quince días.

O abandono do posto de traballo sen que transcorresen os prazos sinalados será penalizado cunha sanción económica equivalente ó salario total dos días que falten desde o abandono do servicio ata a data en que, cumprido o trámite do aviso previo, lle tería correspondido o cesamento.

Artigo 12º.-Xornada anual e horario.

Para o persoal proveniente de Frigodís, a xornada de traballo será de 1.749 horas de traballo efectivo ó ano. Para tal efecto non se computarán como tempo efectivo de traballo os descansos obrigatorios ou pactados.

A xornada semanal ordinaria de traballo, para os traballadores de nova incorporación desde a entrada en vigor deste convenio colectivo, será de corenta horas efectivas para todo o persoal, de conformidade co acordo xeral laboral. A xornada anual ordinaria será de 1.800 horas de traballo efectivo.

O tempo de traballo computarase ó inicio e ó final da xornada no posto de traballo.

A xornada anual desenvolverase nos horarios seguintes:

De 6 a 14 horas.

De 8 a 16 horas.

De 11.30 a 14.30 e de 15.30 a 20.30 horas.

De 14 a 22 horas.

De 18 a 2 horas.

De 22 a 6 horas.

De 24 a 8 horas.

Todos eles de luns a venres.

O horario de traballo, como consecuencia das necesidades do servicio, adaptarase de acordo cos cambios organizativos de cada momento. Antes disto informarase o comité e comunicaránselle as razóns que o xustifiquen.

A comunicación individual destes cambios efectuarase con 30 días de anticipación, salvo pacto noutro sentido.

A permanencia no interior das cámaras que teñan que estar a -18º ou menos, cunha oscilación de máis ou menos 3º, será de 6 horas.

Cada 45 minutos de traballo ininterrompido no interior das cámaras, ou entrando e saíndo arreo (como no caso dos carretilleiros), concederase un descanso de recuperación de 15 minutos.

Completarase a xornada normal en traballos que se realizarán no exterior das cámaras.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá trinta días naturais de vacacións, que se aboarán coa retribución do 100% de tódolos conceptos económicos que figuren na nómina, a excepción de nocturno, axudas de custo e comisións.

No ano de comezo da relación laboral, o persoal de novo ingreso desfrutará dentro del da parte pro-

porcional que corresponda segundo o número de meses traballados durante o ano. Para estes efectos computarase a fracción de mes como mes completo.

As vacacións desfrutaranse de acordo coas datas solicitadas polo traballador, adaptándose á necesidades do servicio. En cada servicio confeccionarase un plan de vacacións.

Cando por falta de acordo entre os traballadores for necesario establecer unha orde, esta determinarase por sorteo; ó ano seguinte os desfavorecidos no sorteo terán prioridade.

As vacacións non comezarán en día festivo ou véspera, salvo petición do interesado.

Se durante o desfrute das vacacións o traballador pasa á situación de IT, estes días non se computarán como vacacións.

Neste suposto, os días de vacacións pendentes desfrutaranse cando as necesidades do servicio o permitan.

Anualmente elaborarase un calendario laboral que comprenderá o período de vacacións.

Artigo 14º.-Licencias retribuídas.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito a solicitar licencias retribuídas nos seguintes casos:

a) Casamento: 15 días naturais.

b) Parto da esposa: 3 días naturais.

c) Enfermidade con internamento ou intervención cirúrxica, tamén con internamento, do cónxuxe, pais e fillos: cinco días naturais. Pais políticos: tres días naturais (deben presentar certificado médico).

d) Falecemento do cónxuxe, pais, fillos e irmáns: 3 días retribuídos e 2 sen retribuír, se residen na provincia de Pontevedra; 4 días retribuídos e 1 sen retribuír, se é no resto de Galicia e 5 días retribuídos no resto de España.

e) Falecemento de avós, netos e pais políticos: 2 días.

f) Falecemento de irmáns políticos, avós políticos: 2 días, tíos e tíos políticos: 1 día.

g) Por intervención cirúrxica, sen internamento ou recoñecemento médico de pais, cónxuxe e fillos: 1 día.

h) Por cambio de domicilio: 1 día.

i) Cando haxa que acudir a probas ou recoñecementos médicos en centros sanitarios, con xustificante médico: 1 día.

Nos casos en que se teña que acompaña-lo cónxuxe e fillos a recoñecemento médico a Santiago de Compostela por enfermidade: 1 día, a Madrid e outras cidades fóra da rexión: 3 días, e cando esta saída

for a Madrid a consecuencia de operación ou intervención cirúrxica con internamento: 5 días, acreditándose, en todo caso, con certificado médico.

Consulta médica, tres horas, e se esta consulta se realiza en Moaña, Pontevedra, Ponteareas, Salvaterra, Salceda, Domaio ou Cangas, o tempo total da consulta, así como o tempo de desprazamento de regreso, debidamente acreditados. Seguirase igual criterio con respecto ó persoal destinado no Porriño que teña que desprazarse a Vigo.

Concédenselle os mesmos dereitos ó/á compañeiro/a que ó/á esposo/á.

Tódolos días indicados anteriormente considéranse días naturais.

Artigo 15º.-Crecemento salarial.

A partir do 1 de xaneiro de 1998 rexerán, para tódolos efectos, os salarios que figuran na táboa do anexo I do convenio, na que se inclúen tódolos conceptos salariais, gratificacións e demais e que supuxo un incremento do 2,5%.

Artigo 16º.-Revisión salarial.

Ámbalas partes comprométense a que durante o primeiro trimestre de 1999 se reunirán para acorda-la suba salarial correspondente ó ano 1999.

Artigo 17º.-Conceptos retributivos.

Para o persoal proveniente de Frigodís, os conceptos salariais distribuiranse do seguinte xeito (táboa salarial anexo I):

-Salario base.

-Gratificación convenio.

-Gratificación de asistencia.

-Gratificación de transporte.

-Gratificación de noite.

-Antigüidade.

-Gratificación de traballos penosos, insalubres e perigosos.

-Bolsa de vacacións.

-Axudas de custo.

-Pagas extraordinarias.

-Complemento persoal.

Para o persoal de novo ingreso aplicaranse as táboas salariais que figuran no anexo II.

Salario base: salario por unidade de tempo ou de obra: o determinado no convenio ou no contrato; figura na táboa salarial anexo I.

Complementos salariais.

Gratificación convenio: salario de cualificación por categoría profesional e é o que consta na táboa salarial anexo I.

Plus de asistencia: está en relación cos días de asistencia ó traballo e é o que consta na táboa salarial anexo I.

Plus transporte: o persoal proveniente de Frigodís percibirá, en concepto de gratificación de transporte, a cantidade que figura na táboa anexo I.

Gratificación de traballos penosos, molestos e perigosos: ó persoal proveniente de Frigodis seguiráselle recoñecendo este dereito na contía que figura na táboa salarial anexo I. Os ditos traballos pagaranse proporcionalmente ó tempo de traballo.

Os demais traballadores que eventualmente teñan que realizar traballos desta natureza percibirán un plus do 20% do salario base, en proporción ó tempo traballado nestas condicións.

O persoal que traballe no interior das cámaras frigoríficas cobrará un plus equivalente ó 25% do salario base.

O persoal que realice o seu traballo a temperaturas entre 0 e 10ºC cobrará un plus equivalente ó 10% do salario base.

Plus de noite: regularase de acordo co artigo 36 do Estatuto dos traballadores. Canto á súa retribución, será un plus do 25% do salario base.

Bolsa de vacacións: recoñéceselle a todo o persoal proveniente de Frigodías unha bolsa de vacacións de 52.788 ptas. anuais que se fará efectiva coa paga de xullo.

Para o persoal proveniente de Frinova, que se relaciona a seguir, recoñécese unha bolsa de vacacións engadida de 22.550 ptas. brutas anuais.

Ricardo Freitas Couñago.

Fco. Javier Cameselle Vicente.

Julio C. Tizón Barciela.

Julio Gómez Barral.

Ubaldo Estévez Alonso.

Juan A. Iglesias Rivas.

Ángel Darroza Miñán.

Antonio González Pérez.

Francisco J. Amoedo Valcárcel.

Axudas de custo: para o persoal de reparto esta axuda será de 1.325 ptas.

Cando, por necesidade da actividade da empresa, se considere precisa a continuidade da xornada laboral habitual de traballo en tres ou máis horas, a empresa facilitará unha axuda de custos de 1.600 ptas., que comprende 1.325 ptas. en concepto de axuda de comida e 275 ptas. como compensación por gastos de transporte urbano.

Pagas extraordinarias: para aqueles traballadores que se incorporen con posterioridade á entrada en vigor deste convenio colectivo, as gratificacións extraordinarias do ano aboaranse na contía de trinta días e serán calculadas sobre a táboa salarial que corresponda, más antigüidade, se for o caso. Denominaranse verán, Nadal e beneficios, e serán feitas efectivas antes do 15 de xullo, 15 de decembro e 15 de marzo, respectivamente.

Todo o persoal proveniente de Frigodís desfrutará de catro pagas extraordinarias aboadas a razón dunha mensualidade composta por salario base, plus convenio, plus transporte, plus traballos especiais e plus de traballos penosos, máis antigüidade, como se vén facendo ata a data. As ditas pagas corresponden a:

a) O día 15 de marzo.

b) O día 15 de xullo.

c) O día 15 de outubro.

d) O día 15 de decembro.

As pagas faranse efectivas o día laboral inmediatamente anterior á data sinalada neste artigo.

As pagas correspondentes ós días 15 de xullo e 15 de decembro serán aboadas por semestres. A paga correspondente ó 15 de marzo para o persoal que ingrese durante o ano farase efectiva o día 31 de decembro, aboándoselle na súa parte proporcional. A paga correspondente ó 15 de outubro seguirase devengando de acordo coa normativa da empresa, de considerala como paga de asistencia ó traballo e proporcionalmente ó tempo traballado, tendo tal consideración a situación de incapacidade temporal derivada de accidente laboral, maternidade e cando se produza como consecuencia de intervención cirúrxica ou de hospitalización.

O devengo das pagas é o seguinte:

Beneficios.

Do 1 de xaneiro ó 31 de decembro (do ano en curso).

Verán.

Do 1 de xaneiro ó 30 de xuño (do ano en curso).

Outubro.

Do 1 de outubro (do ano anterior) ó 30 de setembro (do ano en curso).

Nadal.

Do 1 de xullo ó 31 de decembro (do ano en curso).

Antigüidade: a antigüidade para todo o persoal de novo ingreso será de trienios ó 5%, e devengaranse no mes seguinte do vencemento.

Todo o persoal proveniente de Frigodís cunha antigüidade anterior a 1985 desfrutará de bienios ó 5% do salario mínimo interprofesional, ata o máximo de 15 bienios, segundo o cálculo seguinte:

a) Bienios cumpridos ata o 1-11-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional de 37.170 ptas.

b) Bienios que se cumpran a partir do 1-1-1985, calculados a razón do 5% do salario mínimo interprofesional vixente no momento de cumprir tal bienio.

A cantidade resultante de suma-lo calculado nas alíneas a e b configurará o importe da cantidade adquirida.

Todo o persoal con antigüidade na empresa posterior ó 1-11-1985 terá trienios ó 5%.

Artigo 18º.-Idade de xubilación.

Queda establecida a xubilación, con carácter obrigatorio, ós 65 anos de idade para todo o persoal da empresa, sempre que teñen cuberto o período de crencia necesario para ter dereito á pensión da Seguridade Social.

Ó se produci-la xubilación conforme o disposto no parágrafo anterior, recoñeceráselle ó traballador un premio segundo a seguinte escala:

a) Traballadores cunha antigüidade de 30 anos: tres mensualidades.

b) Traballadores cunha antigüidade de 20 anos: dúas mensualidades.

c)Traballadores cunha antigüidade de 15 anos: unha mensualidade.

Se a xubilación se anticipa á idade de 65 anos, gratificarase con quince días máis por anos de anticipación.

Artigo 19º.-Seguro.

Con independencia das indemnizacións obrigatoiras da Seguridade Social, a empresa, mediante concertación de póliza de cobertura cunha entidade aseguradora, garantirá ós traballadores ou, se for o caso, ó seus herdeiros, e no supostos que se especifican, as seguintes indemnizacións, cubrindo a póliza as 24 horas do día.

1. Por accidente laboral.

1.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de seis millóns novecentas sesenta e seis mil duascentas vintedúas pesetas.

1.2. Invalidez permanente total ou invalidez absoluta do traballador e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e cinco pesetas para os primeiros casos, trece millóns novecentas noventa e nove mil setecentas cincuenta pesetas para os segundos e vintesete millóns novecentas noventa e nove mil catrocentas noventa e oito pesetas para os terceiros.

2. Por accidente laboral.

2.1. Morte do traballador.

Os herdeiros do traballador ou, no seu defecto, a persoa que el mesmo designase, percibirán a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e cinco pesetas.

2.2. Invalidez permanente total, invalidez permanente absoluta e gran invalidez.

O traballador percibirá a cantidade de seis millóns novecentas noventa e nove mil oitocentas setenta e cinco pesetas para os primeiros casos, trece millóns

novecentas noventa e nove mil setecentas cincuenta pesetas para os segundos e vintesete millóns novecentas noventa e nove mil catrocentas noventa e oito pesetas para os terceiros.

Entenderase por invalidez permanente total a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para realizar todas ou as fundamentais tarefas da súa profesión habitual, aínda que se poida dedicar a outra distinta.

Entenderase por invalidez permanene absoluta a incapacidade que inhabilite o traballador de modo permanente para toda profesión e oficio.

Entenderase por gran invalidez a situación do traballador para efectos de incapacidade permanente absoluta e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, precise da asistencia doutra persoa para realiza-los actos máis esenciais da vida, como son verstirse, desprazarse, comer ou análogos.

As condicións quedan establecidas na póliza de seguros e unha copia oficial dela entragarase ó comité de empresa.

Para os traballadores que se incorporen a este centro de traballo con posterioridade á entrada en vigor do convenio colectivo, a empresa contratará, totalmente ó seu cargo, un seguro colectivo a favor dos seus traballadores, de 2.600.000 pesetas por cada un, de xeito que, en caso de falecemento por accidente laboral ó servicio da empresa, a cantidade citada sexa cobrada polos seus herdeiros legais.

Este seguro non constitúe unha substitución das obrigas da empresa en materias de Seguridade Social senón un complemento.

Artigo 20º.-Complemento IT.

Cando o persoal da empresa sufra un accidente de traballo terá un complemento de ata o 100% do salario real, é dicir, percibirá a totalidade do salario como se estivese a traballar.

Para suposto de incapacidade como consecuencia de enfermidade, a empresa aboará o 100%, condicionado a que no mes anterior á súa baixa o absentismo da empresa non supere o 5% do total de traballadores, sen ter en conta as horas que utilicen os cargos sindicais para o desempeño das súas funcións para efectos do referido cálculo e continuando o resto do persoal da empresa percibíndoo como ata a data.

Seguridade e saúde laboral

Artigo 21º.-Principio xeral.

As partes asinantes do presente convenio comprométense a adopta-las medidas necesarias para asegura-la eficaz prevención dos riscos para a saúde e integridade física dos traballadores, actuando sobre os métodos e as condicións de traballo, así como sobre a actitude das persoas.

Artigo 22º.-Recoñecementos médicos.

Será obrigatoria a realización dun recoñecemento médico, con carácter previo á incorporación ó traballo, que será efectuado polo servicio médico da empresa ou por unha entidade coa que se concerte tal prestación.

Anualmente e, en todo caso, sempre que así proceda, efectuarase un recoñecemento médico a tódolos traballadores.

A empresa, a través do seu servicio médico ou por entidades especializadas, poderá comproba-lo estado de saúde dos traballadores en situación de IT, respectando, en todo caso, o dereito á intimidade persoal.

Artigo 23º.-Roupa e medios de protección persoal.

A empresa proporcionará ós traballadores os medios e roupa de protección persoal que resulten esixibles para cada situación de risco.

Artigo 24º.-Vestiario.

Polas circunstancias do traballo, será preciso que certo persoal utilice vestiarios adecuados ó traballo que efectúa. En tal caso, a empresa proverá o vestiario correspondente. A definición de tal vestiario e a súa calidade, así como os prazos de entrega, será consecuencia das disposicións vixentes, dos requirimentos especiais de traballo e do estudio técnico-sanitario deste, oído o comité de seguridade e hixiene da empresa. O vestiario renovarase cando for preciso.

Artigo 25º.-Retirada do carné de conducir.

En caso de que por resolución administrativa se produza a retirada do carné de conducir a un conductor por un período non superior a seis meses, durante a vixencia do convenio e conducindo un vehículo da empresa para a que preste os seus servicios, esta comprométese a lle facilitar ó conductor afectado o posto de traballo máis idóneo, conforme a súa categoría profesional.

Se a retirada do carné de conducir é por resolución xudicial firme, o período non será superior a noventa días.

Artigo 26º.-Pagamento de multas.

As multas por infracción de tráfico imputables a culpa ou imprudencia do traballador serán aboadas por este. En caso de a infracción non se deber a culpa ou imprudencia do traballador, as multas serán aboadas pola empresa.

Disposición adicional única

No non previsto no presente convenio observarase o disposto no acordo laboral xeral para as empresas de transporte de mercadorías por estrada e normas de categoría superior que o poidan afectar.

ANEXO I

Salario

base

Gratificación

asistencia

Gratificación

convenio

Gratificación

Transp.

Mellora

Volunt.

NocturnoPosto

traballo

Comp.

persoal

Gratificación

tarde

Traballos

penosos

Administrativos

Oficial 2ª
Julio Eiriz Blas76.30321045.99711.64713.1048.661
Julio C. Tizón Barciela76.30321045.9978.06428.511

Aux. administrativo
Diego Rguez. Iglesias76.30312811.1699.84415.260
Rafael Pérez Fraile76.30312811.1699.84418.611
Antonio Iglesias Martínez76.30312811.1699.844

Profesionais de oficio e persoal obreiro

Encargado peirao
Fco. Javier Amoedo Valcárcel76.30332.78810.2862.75714.888

Carretilleiros
Antonio González Pérez76.30314.20710.28617.6272.75714.888
Juan Ant. Iglesias Rivas76.30314.20710.28617.6272.75714.888
Ubaldo Estévez Alonso76.30314.20710.28617.6272.75714.888
Ricardo Freitas Couñago76.30314.20710.28617.6272.75714.888
Ángel Darroza Miñán76.30314.20710.28617.6272.75714.888
Fco. Javier Paz Martínez76.30314.20710.28617.6272.75714.888
Francisco Balado Val76.30314.20710.28617.6272.75714.888

Mozo especialista
Serafín García Suárez76.3031622.4725.74742.8009.3067.48318.611

ANEXO I (continuación)

Salario

base

Gratificación

asistencia

Gratificación

convenio

Gratificación

Transp.

Mellora

Volunt.

NocturnoActividadeComp.

persoal

Gratificación

tarde

Prima

Fenwick

Traballos

penosos

Operario
Julio Gómez Barral76.30319.67610.2861.5517.4092.7577.444

Mozo cámara
Manuel Rodríguez Rguez.76.3031353.3274.9519.30621.16118.611
Agustín Doprado André76.30327811.8579.13714.888
M. Antonio Álvarez Gaspar76.3031624.6545.7479.3066.98918.611
Manuel Lourido Marques76.30327811.8579.46914.888
José A. Araujo Romero76.3031353.3274.95118.61113.59814.888
Benito Alemparte Conde76.3031353.3274.9519.3068.00018.611

Mozo picking
Manuel Estévez García76.3031353.3274.9514.65318.611
Pablo Fernández Burgo76.3031353.3274.9519.30618.611
Abilio Fernández Oliva76.3031353.3274.9519.30618.611
Florentino Pérez Alonso76.3031353.3274.9519.30618.611
Pablo Pérez Rodríguez76.3031353.3274.95118.61118.611

Persoal de reparto

Repartidor
Juan M. Rentero Frasquet76.3031901.4496.562
Manuel B. Iglesias Sainza76.3031901.4496.562
Francisco Rodríguez Costas76.3031901.4496.562
Álvaro Novas Cendón76.3031901.4496.562
Miguel A. Lorenzo Alfonso76.3031901.4496.562
Jaime Martínez Portas76.3031901.4496.562

ANEXO II

CategoríasSalario base

-Persoal superior técnico
Xefe de servicio134.949
Inspector principal118.079
Enxeñeiros e licenciados123.881
Enxeñeiros técnicos e auxiliar titulado94.887
Axudantes técnicos sanitarios86.457

-Persoal administrativo
Xefe de sección98.400
Xefe de negociado91.373
Oficial de primeira85.129
Oficial de segunda78.029
Auxiliar administrativo74.012
Aspirantes de 16 e 17 anos (salario mínimo segundo a súa idade)

-Persoal de axencias de transporte
Encargado xeral101.920
Encargado de almacén97.228
Capataz92.545

CategoríasSalario base

Auxiliar de almacén e basculeiro78.209
Mozo especializado2.716
Mozo de carga, descarga e reparto2.631

-Transporte de mercadorías
Xefe de tráfico de primeira101.920
Xefe de tráfico de segunda97.228
Xefe de tráfico de terceira92.545
Conductor mecánico2.978
Conductor2.876
Conductor de motos e furgonetas2.801
Axudante2.726
Mozo especializado2.716
Mozo de carga, descarga e reparto2.631

-Persoal subalterno
Cobrador de facturas74.012
Telefonista74.012
Porteiro74.012
Vixilante74.012
Limpadora (por hora)294
Rapaz dos recados de 16 e 17 anos (salario mínimo segundo a súa idade)