Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.210

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios docentes dos corpos de profesores que imparten ensino secundario, formación profesional, idiomas e ensinanzas artísticas.

A base décimo quinta da Orde do 6 de novembro de 1998 (DOG do 17 de decembro) pola que se determina a composición das comisións dictaminadoras do concurso de traslados entre funcionarios pertencentes ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e dos corpos de catedráticos e profesores de música e artes escénicas determina que a Dirección Xeral de Persoal designará as comisións dictaminadoras oportunas, que valorarán os méritos subxectivos presentados polos concursantes.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Formaranse cinco comisións para o corpo de profesores de ensino secundario (dúas para a área de letras, dúas para a área de ciencias e outra para a área de tecnoloxías) e unha para cada un dos corpos de profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, e profesores de música e artes escénicas e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

Segundo.-Facer pública a composición das comisións dictaminadoras no anexo da presente resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións nela.

Terceiro.- As comisións poderán solicita-lo asesoramento dos funcionarios que exerzan a función inspectora en materia educativa e de funcionarios pertencentes ós corpos que, de acordo co establecido na base décimo quinta da Orde do 6 de novembro de 1998, poden formar parte da comisión sempre que non estean suxeitos ás incompatibilidades establecidas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto.-Os membros das comisións terán dereito a percibir asistencias de acordo co previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño), e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 1999.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario:

Área de letras, comisión número 1 (xeografía e historia, música, filosofía e inglés):

Presidente: Juan Carlos Varela Vázquez.

Vocais:

Juana Mª Paredes Durán.

Mª Teresa Pensado Castiñeiras.

José Ramón López Vázquez.

Agustín Villar Madarnás.

Área de letras, comisión número 2 (lingua castelá e literatura, lingua e literatura galegas, latín, grego e francés):

Presidente: Jaime Santoalla Varela.

Vocais:

Daniel Ares Enjamio.

Margarita Prado Fernández.

Xavier Mouriño Cajide.

Mª Asunción Acosta García.

Área de ciencias, comisión número 1 (matemáticas, educación física e debuxo):

Presidente: José Ramón Pereiró Rodríguez.

Vocais:

Francisco Javier Suárez Regueiro.

Juan Fernández Rey.

José Luis Hospido Rodríguez.

Don Pablo Porta Martínez.

Área de ciencias, comisión número 2 (bioloxía e xeoloxía, física e química e tecnoloxía):

PresidentA: Rosa Fca. Pérez Santiago.

Vocais:

Carlos Rodríguez Dacal.

Mª Consuelo Neira Suárez.

Mª Isabel Vallejo Novoa.

César González Posa.

Área de tecnoloxías:

Presidente: Manuel Reboredo Lavín.

Vocais:

Andrés Botana Caeiro.

Mª del Rocio Gómez Vaamonde.

José Luis Mari Solera.

Pío Novo Álvarez.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidente: Elisa Amoedo Barciela.

Vocais:

Mª Jesús García López.

Mª Rosa González Iglesias.

José Mª Leis Blanco.

Jorge Sánchez Verdeal.

-Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

Presidente: Fernando del Pozo Andrés.

Vocais:

Mª de la O Fernández Estévez.

Concepción Carro Armesto.

Ramiro Fernández Lage.

Carla Moro Baleni.

-Corpo de profesores de música e artes escénicas:

Presidente: Juan Durán Alonso.

Vocais:

Manuel Andrés Varela Sanjurjo.

Juan Vara García.

Carlos Jesús Casadó Tarín.

Eulogio García Fernández Albalat.

-Corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño:

Presidente: Juan López Pérez.

Vocais:

Manuel Santiago López Vázquez.

Carmen Español González.

José Lema Caamaño.

José Antonio Rey Díaz.