Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 03 de febreiro de 1999 Páx. 1.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de xaneiro de 1999 pola que se autoriza o cambio de denominación do instituto de educación secundaria de Alfoz (Lugo) e do instituto de educación secundaria número 2 de Ribadavia (Ourense).

Tendo en conta o artigo 3, punto 1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-los cambios de denominación dos centros que no anexo se relacionan.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO:

Provincia: Lugo.

Concello: Alfoz.

Localidade: San Pedro de Mor.

Código do centro: 27016649.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria de Alfoz.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Alfoz- Valadouro.

Provincia: Ourense.

Concello: Ribadavia.

Localidade: Ribadavia.

Código do centro: 32015475.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria nº 2.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Abrente.