Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de estatutos e bases de actuación para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación da unidade de actuación 2 Penís de Arriba.

O Consello da Xerencia de Urbanismo en sesión do dez de xullo de 1998 acordou aprobar inicial

mente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución e funcionamento da Xunta de Compensación da unidade de actuación 2 Penís de Arriba, presentado con data do 25 de maio pasado, no rexistro da Xerencia de Urbanismo por Antonio Estévez Alonso en representación de propietarios do citado polígono, someténdoos á información pública polo prazo de vinte días mediante a inserción de anuncios no DOG e notificación persoal ós propietarios afectados.

O que se fai público para xeral coñecemento segundo o establecido no artigo 133.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, en relación co artigo 102. O expediente atópase á disposición do público en xeral na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello).

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos na citada lei, así como no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 10 de novembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo