Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XERMADE

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 23 de novembro de 1998, acordou:

1. Aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xermade.

2. Somete-lo plan xeral citado a informacióin pública durante o termo dun mes, mediante a inserción de anuncnios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, no diario El Progreso de Lugo, no BOP e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo a partir do día seguinte ó da publciación do anuncio correspondente neste último diario, podendo, en consecuencia, durante ese lapso de tempo, calquera interesado, examinalo e formula-las alegacións que considere convenientes.

3. Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias nos núcleos urbanos e rurais ata a entrada en vigor do plan e como máximo un ano (artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da citada lei.

Xermade, 23 de decembro de 1998.

Manuel González Fernández

Alcalde