Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 18 de decembro de 1998, acordou:

1. Aprobar inicialmente os estudios de detalle, no que se refire ó sinalamento de aliñacións e rasantes, e ordenación de volumes, tramitados por:

Antonio García Varela, en representación de García Bujía, S.L., de parcela sita na Lagoa, parroquia de Ouces.

Luis Meijide Boo, de parcela sita en Moruxo, parroquia de Moruxo.

Pilar Rodríguez Pardo, de parcela sita en Carrio, parroquia de Bergondo.

2. Somete-los citados expedientes a información pública mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que a vista dos expedientes se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación.

Bergondo, 30 de decembro de 1998.

José Carabel Balsa

Alcalde presidente