Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.203

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CASTRELO DO VAL

ANUNCIO.

Aprobado polo Pleno deste concello, na súa sesión ordinaria do día 25 de xuño de 1998, o escudo heráldico municipal, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Heráldica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Escudo municipal: as armas que se achegan ó escudo brasónanse do seguinte xeito: de sinople (verde), unha torre de ouro (amarelo), acompañada en xefe dunha cruceta tamén en ouro flanqueada de dúas vieiras de prata (branco); bordura de sable (sable) cunha cadea de ouro. Ó timbre, coroa real cerrada.

Sométese o expediente á información pública polo prazo dun mes, para efectos de exame e reclamacións, segundo o disposto no artigo 3 do Decreto 258/1992, do 10 de setembro, da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Castrelo do Val, 2 de decembro de 1998.

O alcalde

Rubricado