Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.202

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999 pola que se anuncia corrección de erros no expediente 447/1998, relativo á instalación de detección de incendios, alarma e protección contra intrusión.

Advetido erro na Resolución do 29 de decembro de 1998, pola que se anunciaba, entre outros, a concurso público, procedemento aberto, trámite ordinario, o expediente arriba indicado, procédese á seguinte corrección:

Onde di:

Obras.

Expediente nº: 447/98.

Obxecto: instalación, detención de incendios, alarma e protección contra intrusión. Diversos centros.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincial: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 26.026.324 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 520.526 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 9, categoría E.

Debe dicir:

Obras.

Expediente nº: 447/98.

Obxecto: instalación de incendios, alarma e protección contra intrusión. Diversos centros.

Localidade: Santiago de Compostela/Lugo.

Provincial: A Coruña/Lugo.

Importe de licitación: 26.026.324 ptas. IVE incluído.

Garantía provisional: 520.526 ptas.

Plazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo K, subgrupo 9, categoría D.

Anúnciase a tódolos interesados, no dito procedemento que poderán consultar ou retira-la documentación, debidamente correixida, na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 Galerías, Santiago de Compostela, (teléfono 981 58 89 38) ou na copistería Unicopia Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono 982 25 23 03 Ext. 22475).

En consecuencia procédese a dar novo prazo de presentación de ofertas, finalizando este, o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

A apertura de ofertas terá lugar o terceiro día seguinte ó de finalización do prazo de presentación

do proposicións, se este día fose inhábil ou sábado, realizarase o seguinte día hábil.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.

P.D. (R. 14-5-1995)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos da

Universidade de Santiago de Compostela