Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 68/1998.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais, anuncia as adxudicacións dos seguintes contratos:

1. Nome e enderezo do servicio: Contratación Administrativa. Rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 05 36. Fax: 981 54 01 49.

2. Modalidade de adxudicación elixida (no caso de procedemento negociado, xustificación): concurso aberto e ordinario.

3. Data de adxudicación do contrato: 20-11-1998.

4. Criterios de adxudicación do contrato:

Prezo e desagregación de custo ata 3 puntos.

Sistema de información, metodoloxía e software ata 3 puntos.

Empresa con certificación de calidade ata 2 puntos.

Outras achegas (programas de formación, etc.) ata 1 punto.

5. Número de ofertas recibidas: 5.

6. Nome e enderezo do provedor ou provedores:

Nome: Dragados y Construcciones, S.A.

Enderzo: Avda. Tenerife, 4 y 6, 28700 San Sebastián de los Reyes.

7. Se é o caso, natureza e cantidade dos productos subministrados por cada provedor:

Nº de referencia da CPA: CPV: 29569000.

Concepto: servicio de mantemento, conservación e reparación dos equipamentos e instalacións do Hospital de Conxo.

Provedor: Dragados y Construcciones, S.A.

8. Prezo ou gama de prezos (mínimo/máximo) pagado(s): 182.413.256 ptas.

9. Se é o caso, valor parte do contrato que pode ser obxecto de subcontratación a terceiros: no.

10. Outras informacións: ver servicio do punto 1.

11. Data de publicación do anuncio do contrato no Diario Oficial das Comunidades Europeas: DOCE do 17 de setembro; BOE do 17 setembro e DOG do 17 setembro.

12. Data de envío do anuncio: 19 de xaneiro de 1999.

13. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de

Santiago de Compostela