Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/218-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Cotelas 2F.

Situación: Cea.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 484 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en Acacia existente da L.M.T. Bouzas-Cea e remate en apoio nº 5 da L.M.T. proxectada a Cotelas. L.M.T. aérea a 20 kV de 166 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio nº 5 da L.M.T. aérea proxectada a Cotelas e remate no C.T. existente en caseta de Cotelas. R.B.T. aérea de 970 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense