Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/217-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar de Silva, Pardollán, O Barrio-capela.

Situación: Rubiá.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 640 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio anterior a C.T. Vilar de Silva derivada da L.M.T. Rubiá-Covas e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 15.000/380-220 V de Pardollán. L.M.T. aérea a 20 kV de 28 metros, con orixe en apoio de formigón da L.M.T. Barco-Rubiá e remate no C.T. proxectado con 50 kVA, R/T 15.000/380-220 V do Barrio-capela. C.T. con 50 kVA, R/T 15.000/380-220 V de Vilar de Silva. 3 R.B.T. aéreas de 255, 620 e 445 metros respectivamente en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense