Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/216-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Carballeda de Avia.

Situación: Carballeda de Avia.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 25 metros de lonxitude en conductor R.H.V.-12/20 kV, con orixe no apoio nº 2 da L.M.T. a depuradora e remate no C.T.-2 de Carballeda de Avia. C.T. prefabricado de Carballeda de Avia con 400 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. aéreas de 1.175 e 2.010 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense