Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/215-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Castrelo, A Torre, Vilela.

Situación: San Cristovo de Cea.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 775 metros en conductor LA-56, con orixe en apoio de madeira que se vai substituír da L.M.T. ó C.T. de Castrelo e remate no C.T. compacto proxectado con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V da Torre. R.B.T. aérea de 735 metros en conductor R.Z. con orixe no devandito C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de decembro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense