Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado interconexión entre C.I. da Roca e L.A.T. subestación Ponte Caldelas-A Lama a favor da empresa Eléctrica de Moscoso, S.L. que foi declarada en concreto de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, por resolución desta delegación do 21-7-1998 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico). (Expediente 98/39-4 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 17 de febreiro ás 11.30 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no termo municipal de Ponte Caldelas sinaladas cos números que en folla adxunta se detallan.

Así mesmo os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Os ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 22 de xaneiro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: A.T. 98/39-4. Provincia: Pontevedra.

Interconexión entre C.I. da Roca e

L.A.T. subestación Ponte Caldelas-A Lama. Termo municipal: Ponte Caldelas.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Fonte BarrosMonte baixoComunidade de montes da InsuaOuteiro da Costa, A Insua-Ponte Caldelas1 e28224,81.730