Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.194

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (173/1998-10).

Javier Míguez Poza maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 173/1998-10, por instancia de María Mónica Mera López, contra José Manuel Sixto Iglesias nas actuacións do cal en resolución do día de hoxe, se acordou citar a José Manuel Sixto Iglesias co fin de que o día dezaoito de febreiro de 1999 ás dez e dez horas compareza perante este xulgado co fin de asistir á realización do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que no caso de non verificalo recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que se intente valer.

E para que conste e sirva de citación a José Manuel Sixto Iglesias, expido e asino en Santiago de Compostela o dezaseis se decembro de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado