Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.194

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (108/1998).

En virtude do acordado en resolución do día de hoxe dictada nas actuacións de xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 108/1998, cítase o denunciado Francisco José Paredes Freire, do que se descoñece o seu domicilio actual, para que o vindeiro día 10 de febreiro de 1999 ás 12.45 horas compareza na sala de audiencia deste xulgado para asistir ó correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que, de non o facer, poderá incorrer na multa do artigo 966 da Lei de axuizamento criminal, de que a súa ausencia non suspenderá a realización nin a resolución do xuízo e de que recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

E para que sirva de citación en legal forma, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela o sete de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado