Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.194

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (139/1997).

Dolores Rolle Insua, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, fai saber que no expediente de suspensión de pagamentos número 139/1997, da entidade mercantil Hormigones Rías Bajas, S.L., en estado de insolvencia provisional, se convocan os acredores á xunta xeral que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 26 de febreiro de 1999, ás 10 horas, prevíndoos de que poderán concorrer persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente para iso e acompañado o título xustificativo do seu crédito, requisito sen o cal non serán admitidos, achándose ata a dita data á súa disposición na secretaría deste xulgado o dictame dos interventores e demais documentación establecida na Lei de suspensión de pagamentos e faise extensivo o presente edicto ós acredores que non se atopen no seu domicilio cando sexan citados na forma prevista no artigo 10 da vixente Lei de suspensión de pagamentos.

Dado en Muros o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado