Dolores Rolle Insua, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros, fai saber que no expediente de suspensión de pagamentos número 138/1997, da entidade mercantil Hormigones La Sierra de Outes, S.L., en estado de insolvencia provisional, se convocan os acredores á xunta xeral que terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día 25 de febreiro de 1999, ás 10 horas, prevíndoos de que poderán concorrer persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente para iso e acompañado o título xustificativo do seu crédito, requisito sen o cal non serán admitidos, achándose ata a dita data á súa disposición na secretaría deste xulgado o dictame dos interventores e demais documentación establecida na Lei de suspensión de pagamentos e faise extensivo o presente edicto ós acredores que non se atopen no seu domicilio cando sexan citados na forma prevista no artigo 10 da vixente Lei de suspensión de pagamentos.
Dado en Muros o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e nove.
A secretaria
Rubricado