Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.193

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 1999 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza 1591/1998, de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais corresondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán o concurso para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela do día 1 de xullo de 1998 (BOE do 21 de xullo) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1999.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

-Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía italiana.

Praza nº: 1591/1998.

Comisión titular:

Presidenta: Mª Isabel González Fernández, cadrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Ana Mª Domínguez Ferro, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

José Antonio Trigueros Cano, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Montserrat Casas Nadal, profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Mercedes Arriaga Flórez, profesora titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Comisión suplente:

Presidente: Manuel Gil Esteve, cadrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretaria: Carmen Fátima Blanco Valdés,

profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Jesús G. González Miguel, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.

Anna Lucía Giordano Gramegna, profesora titular de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Mª del Carmen Barrado Belmar, profesora titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.