Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 28 de xaneiro de 1999 polo que se fai pública a resolución definitiva do proceso de selección de cinco técnicos superiores para a posta en marcha do centro de soporte informántico das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde.

A resolución definitiva do citado proceso de selección, coa relación de aspirantes excluídos, será exposta, na mesma data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias deste centro directivo, Secretaría Xeral de direccións provincias do Sergas, centros de xestión de atención primaria e especializada do organismo e delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 1999.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos.