Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 1999 pola que se fai pública a composición da comisión que valorará o concurso de traslado dos inspectores de educación.

Por Orde do 8 de outubro de 1998 (DOG do 10 de novembro) convocouse o procedemento de provisión de postos vacantes nas sedes da inspección educativa da Comunidade Autónoma de Galicia.

Realizado o día 8 de xaneiro de 1999 o sorteo público previsto no artigo 7.1º da orde de convocatoria, e anunciado na Resolución do 15 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa (DOG do 5 de xaneiro de 1999), procede facer pública a composición da comisión

avaliadora do concurso de traslado de inspectores de educación.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVEU:

Artigo único.

A Comisión de Selección que xulgará o concurso de traslado de inspectores de educación convocado por Orde do 8 de outubro de 1998 (DOG do 10 de novembro) estará integrado por:

Comisión titular:

Presidente: José Ramón Pereiró Rodríguez.

Vocais:

Antonio Gómez Albo.

Olga Gómez González.

Constantino Freire Llamas.

Elisa Fernández Núñez.

Comisión suplente:

Presidente: Ángel Fernández López.

Vocais:

Maximino García Rubio.

Francisco A. López Freire.

Joaquina Gallego Jarreto.

José Luis Conde Rodicio.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 1999.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa