Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.192

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 22 de xaneiro de 1999, do tribunal número 4 designado para xulga-las probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Xunta de Galicia (grupo A) escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, polo que se fai pública a resolución dunha reclamación presentada contra a fase de concurso.

Presentada por Mª Concepción García González con DNI 36.065.895, escrito de reclamación contra a puntuación atribuída na fase de concurso, este tribunal, unha vez revisado o seu expediente, acorda estimala e emenda-lo erro aritmético producido, atribuíndolle consecuentemente á reclamante a puntuación de 4,40 ptos. dentro da base II.1.2.2 do presente proceso selectivo.

Perante o presente acordo poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, no prazo establecido no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 22 de xaneiro de 1999.

Francisco José Fernández Pérez

Presidente do tribunal número 4