Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.191

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999 pola que se fan públicos algúns dos acordos da comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXIV, XXV, XXVI, XXVII e XXVIII para a obtención do diploma de directivo.

Á vista do acordado na reunión do día 26 de xaneiro de 1999, pola comisión encargada da selección dos participantes nos cursos XXIV, XXV, XXVI, XXVII e XXVIII para a obtención do diploma de directivo convocados por Resolución do 30 de novembro de 1998 (DOG nº 236, do 4-12),

RESOLVO:

Primeiro.-Anuncia-la publicación da relación provisional de excluídos da participación nos cursos XXIV, XXV, XXVI, XXVII e XXVIII para a obtención do diploma de directivo.

Segundo.-Anuncia-la publicación da relación de admitidos para participar no proceso selectivo dos XXIV, XXV, XXVI, XXVII e XXVIII cursos para a obtención do diploma de directivo, coas puntuacións correspondentes conforme o baremo aplicable.

Terceiro.-As devanditas relacións estarán expostas no taboleiro de anuncios da EGAP. Tamén serán remitidas ó Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e ás delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarto.-Fixar un prazo de dez días para que os interesados poidan aduci-las alegacións que coiden oportunas.

Quinto.-Anunciar que a lista definitiva de participantes se publicará só no taboleiro de anuncios da EGAP.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública