A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e depois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
2. Estos prezos entenderanse con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 28 de decembro de 1998.
José María Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO I
-Las Imágenes de la Sanidad: 2.400 pesetas.
-As Imaxes da Sanidade: 2.400 pesetas.