Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0007083/1998, interposto por Alternativa Indepediente de Galicia (AIG).

Recibiuse nesta consellería escrito da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo número 02/0007083/1998, interposto por Alternativa Independiente de Galicia (AIG) contra resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do recurso ordinario relativo ó proxecto de actuación urbanística na unidade de execución 1B de Cambre (A Coruña), no contorno de protección da igrexa de Santa María de Cambre.

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 61 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 64 da citada lei, modificado pola Lei 10/1992, do 30 de abril, notifícaselles a tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer en autos ante a referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 1999.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo