Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 02 de febreiro de 1999 Páx. 1.186

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector da venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector da venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-12-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio Mayorista Textil de Pontevedra, e da parte social, polas centrais sindicais UGT, CC.OO., o 21-12-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 30 de decembro de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de traballo para o sector da venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería.

Provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais UGT e CC.OO en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio Mayorista Textil en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio regulará as relacións laborais de tódalas empresas da provincia de Pontevedra estean encadradas no sector de venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería en xeral, roupa confeccionada, alfombras e tapices, zapatos, quincallería etc. e as que no futuro se encadren.

Artigo 3º.-Vixencia, duración e prórroga.

O convenio entrará en vigor o día do seu asinamento, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de maio de 1998.

Terá unha duración de dous anos contdos a partir do 1 de maio de 1998 e os seus efectos finalizarán o 30 de abril do 2000. Non obstante, considerarase prorrogado tacitamente por períodos anuais, en caso de non ser denunciado por calquera das partes con tres meses de anticipación ó seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando dunhas condicións económicas e laborais máis beneficiosas cás aquí pactadas, deberaas conservar, facéndose o cálculo polo conxunto anual de tódalas percepcións.

Artigo 5º.-Compensación de melloras.

As melloras económicas que se implantan en virude deste convenio, así como as voluntarias que no futuro se establezan, poderán ser compensadas e absorbidas ata onde alcancen cos aumentos ou melloras que actualmente teñan establecidas as empresas ou que no futuro se establezan con carácter xeral mediante disposición legal.

Artigo 6º.-Formación no traballo.

A idade mínima para contratación de traballadores en formación será de 16 anos. A duración dos ditos contratos será, como máximo, de dous anos.

Estes traballadores, en todo caso, ó cumpriren o período de formación estipulado, pasarán automaticamente á categoría de axudantes.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada legal será de corenta horas semanais de traballo efectivo.

A xornada do sábado efectuararse só pola mañá e finalizará ás 12.30 horas, salvo naquelas empresas que pactasen co seu persoal calquera outro horario, mais respectándose a dita xornada semanal.

Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, nos meses de xullo e agosto a xornada laboral realizarase de luns a venres, respectándose as condicións máis beneficiosas que se veñan dando nas empresas.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo presente convenio desfrutarán dunhas vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais entre os meses de xuño e setembro (ambos incluídos).

En cada empresa se establecerá, dentro de cada categoría, unha orde rotativa de preferencia, de tal forma que, quen foi primeiro para elixir quenda, pasa a ser último no ano seguinte.

As empresas confeccionarán o cadro de vacacións xunto cos representantes legais dos traballadores, dentro dos tres primeiros meses do ano, o cal será exposto no taboleiro de anuncios para coñecemento do persoal.

Artigo 9º.-Retribucións.

En cada un dos dous anos de vixencia do convenio (1-5-1998 ó 31-4-1999 e de 1-5-1999 ó 31-4-2000) os salarios rexeranse para as distintas categorías do persoal afectado por este serán os que figuran nas táboas anexas.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A antigüidade comezarase a computar a partir da data de entrada do traballador na empresa.

Artigo 11º.-Aumentos por antigüidade.

Os aumentos periódicos pro tempo de servicio consistirán en cuatrienios na contía de seis por cento acumulativos, os cales se encontran recollidos na táboa salarial anexa.

No obstante o anterior, a partir do 1-5-1997 o límite máximo de percepción por este plus será do 30% do salario base do convenio, para o cómputo do cal se terán en conta non só os devengados a partir da dita data senón tamén tódolos cuadrienios consolidades con anterioridade a ela.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir tres pagas extraordinarias dunha mensualidade completa máis a antigüidade, se é o caso, en cada un dos meses seguintes: marzo (paga de beneficios), xullo e decembro.

Nos supostos de entrada ou cesamento do traballador no transcurso do ano, serán rateadas todas elas.

Artigo 13º.-Enfermidade ou accidente.

Durante as situacións de incapacidade temporal derivadas de enfermidade ou accidente, as empresas completarán as prestacións económicas correspon

dentes da Seguridade Social ata o cen por cento da súa retribución.

Artigo 14º.-Preferencia para fillos de traballadores.

Os fillos de traballadores da empresa gozarán de preferencia para optar ás vacantes que se produzan no seu cadro de persoal, sempre que reúnan as condicións mínimas precisas para o posto de traballo.

Artigo 15º.-Xubilación.

Ó producirse a xubilación dun traballador que leve na empresa máis de quince anos, recibirá da empresa unha compensación económica equivalente a dezaseis mensualidade, cando esta se produza ós 60 anos; trece ós 61; dez ós 62; sete ós 63; catro ós 64 e dúas ós 65.

Artigo 16º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento do traballador en activo con dez anos, polo menos de servicio na empresa, esta queda obrigada a satisfacerlles ós seus herdeiros con parentesco de consanguinidade de 1º grao, o importe íntegro de seis mensualidades.

Se, polo contrario, os herdeiros do traballador non tivesen con el o parentesco sinalado no parágrafo anterior, unicamente terán dereito á indemnización indicada se dependían economicamente do traballador ou convivían habitualmente con el.

Esta axuda farase efectiva en seis prazos mensuais a partir do mes en que se produza o óbito.

Artigo 17º.-Axuda por locomoción.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán unha axuda para a locomoción que para o primeiro ano de vixencia do convenio (1-5-1998 a 31-4-1999) consistirá en 13.608 ptas., e para o segundo (1-5-1999 a 31-4-2000) en 13.880 ptas., por mes efectivo de traballo.

En todo caso, a cantidade que se percibirá por este concepto para o segundo ano de vixencia do convenio non poderá superar o 20% do S.M.I. que se fixe para ese ano polo Goberno, debendo cotizar pola diferencia (Real decreto 2064/1995).

Artigo 18º.-Licencias.

Conforme o disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, o persoal, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 5 días naturais en caso de separación.

c) 1 día por traslado de domicilio actual.

d) Ata 10 licencias ó ano para asistir a exames para a obtención dun título académico en centros oficiais.

e) Ata 5 días naturais nos casos de morte do cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns e parto de esposa, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos, téndose en conta para a súa

concesión os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que concorran no caso.

Así mesmo, o traballador terá dereito a unha licencia retribuída dun día, sen necesidade de ser xustificada. A dita licencia non poderá ser acumulable a períodos vacacionais e deberá ser solicitada cunha anticipación de cinco días, polo menos.

Esta última licencia desaparecerá automaticamente do convenio no suposto de se producir, con carácter xeral e no ámbito nacional, unha reducción da xornada.

Artigo 19º.-Días 24 e 31 de decembro.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán de descanso as tardes dos días 24 e 31 de decembro.

As citadas tardes consideraranse aboables e non recuperables. Non obstante o anterior, no suposto de que se produza con carácter xeral e no ámbito nacional unha reducción na xornada semanal actual de 40 horas, as oito horas que supoñen o descanso destas dúas tardes recuperaranse durante o ano na forma que determinen a empresa e os seus traballadores.

Artigo 20º.-Recoñecemento médico.

Tódalas empresas afectadas por este convenio, por instancia do traballador, deberán solicitar das súas mutuas patronais un recoñecemento médico anual.

Artigo 21º.-Acción sindical.

Aplicarase o que dispón sobre a materia o Estatuto dos traballadores.

Artigo 22º.-Representantes sindicais.

Os representantes legais dos traballadores poderán difundir nos seus centros de traballo comunicados e publicacións, así como recadar cotas sindicais, sempre que este labor no perturbe a orde e a producción da empresa.

Porase ó dispor dos ditos representantes un taboleiro de anuncios na empresa.

Por outra parte, os delegados de persoal ou, se for o caso, o comité de empresa, serán informados de tódalas sancións impostas ós traballadores por faltas moi graves.

Artigo 23º.-Comisión paritaria.

Para a vixilancia do cumprimento das estipulacións do presente pacto, así como para a súa interpretación, créase unha comisión paritaria que estará integrada por catro membros de cada unha das partes, elixidos de entre os compoñentes da comisión deliberadora.

Artigo 24º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non especificado expresamente neste convenio, aplicarase o que dispón o Acordo Marco de Comercio, o Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de xeral aplicación.

Disposición adicional

Co fin de evita-los prexuízos que a empresarios e traballadores cause o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do presente convenio comprométense a inicia-las negociacións do próximo convenio antes do día 15 de abril do 2000.

Convenio colectivo para o sector do comercio por xunto de tecidos, mercería e paquetería da provincia de Pontevedra

Vixencia do 1 de maio de 1998 ó 30 de abril de 1999

CategoríasPtas./mesCuatr.

Director129.9547.797

Xefes de división, persoal, compras, vendas e encargado xeral129.9547.797

Xefes de sucursal, de almacén e de grupo117.0507.023

Xefes de sección e encargado de establecemento113.7686.826

Dependente105.5226.331

Viaxante105.5226.331

Axudante84.3815.063

Traballadores en formación por 34 horas semanais de traballo efectivo (Real decreto 488/1998)

-Menores de 18 anos53.9783.239

-De 18 anos en diante73.6694.420

Xefe administrativo123.5117.411

Contable111.1306.668

Xefe administrativo (sección)111.1306.668

Oficial administrativo107.3446.441

Auxiliar administrativo máis 5 anos antigüidade99.9035.994

Auxiliar administrativo menos 5 anos antigüidade94.1305.648

Aspirante menores de 18 anos63.5043.810

Auxiliar de caixa menores de 18 anos63.5043.810

Auxiliar de caixa de 18 anos en diante79.1004.746

Profesional de oficio de 1ª94.1305.648

Profesional de oficio de 2ª91.1495.469

Mozo e mozo especializado (1)91.1495.469

Cobrador81.0854.865

Persoal de limpeza:

-Xornada ata 2 horas ó día762

-Xornada de 3 e 4 horas ó día578

-Xornada completa77.3274.640

(1) O mozo especializado con carné de conducir que habitualmente realice reparto de mercadoría percibirá a retribución correspondente ó de oficio de 1ª.

Convenio colectivo para o sector de comercio por xunto de tecidos, mercería e paquetería da provincia de Pontevedra

Vixencia do 1 de maio de 1999 ó 30 de abril do 2000

CategoríasPtas./mesCuatr.

Director132.5537.953

Xefes de división, persoal, compras, vendas e encargado xeral132.5537.953

CategoríasPtas./mesCuatr.

Xefes de sucursal, de almacén e de grupo119.3917.163

Xefes de sección e encargado de establecemento116.0446.963

Dependente107.6326.458

Viaxante107.6326.458

Axudante86.0695.164

Traballadores en formación por 34 horas semanais de traballo efectivo (Real decreto 488/1998)

-Menores de 18 anos55.0583.303

-De 18 anos en diante75.1424.509

Xefe administrativo125.9817.559

Contable113.3536.801

Xefe administrativo (sección)113.3536.801

Oficial administrativo109.4916.569

Auxiliar administrativo máis 5 anos antigüidade101.9016.114

Auxiliar administrativo menos 5 anos antigüidade96.0135.761

Aspirante menores de 18 anos64.7743.886

Auxiliar de caixa menores de 18 anos64.7743.886

Auxiliar de caixa de 18 anos en diante80.6824.841

Profesional de oficio de 1ª96.0135.761

Profesional de oficio de 2ª92.9725.578

Mozo e mozo especializado (1)92.9725.578

Cobrador82.7074.962

Persoal de limpeza:

-Xornada ata 2 horas ó día777

-Xornada de 3 e 4 horas ó día590

-Xornada completa78.8744.732

(1) O mozo especializado con carné de conducir que habitualmente realice reparto de mercandoría percibirá a retribución correspondente ó de oficio de 1ª.