Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.163

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 17 de decembro de 1998 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. (Turgalicia) anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza:

A. Posto: adxunto área de congresos (Ref. Adc-Tur).

1. Funcións principais: labores de apoio á área de congreso e incentivos na realización das tarefas que lle son propias.

2. Prazas: 1.

3. Requisitos:

-FP II ou equivalente.

-Dominio de inglés e galego.

-Coñecementos de informática a nivel usuario.

-Ter realizado cursos específicos do sector turístico.

4. Valorarase:

-Currículum vitae.

-Coñecemento doutro idioma.

-Experiencia no sector turístico.

5. Probas que se realizarán:

-Proba escrita de inglés e galego.

-Proba de Word 97, Excel 97 e Access 97.

-Exame sobre coñecementos dos recursos turísticos galegos.

O temario recóllese no anexo I desta convocatoria.

-Entrevista.

B. Documentación que se presentará:

-Solicitude, indicando no sobre a referencia, dirixida ó xefe da Área Económica e de Persoal de Turgalicia (estrada Santiago-Noia, km 3. A Barcia. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículum vitae.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos nel. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado publicará as listas previas de admitidos e excluídos do proceso.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 1998.

Heriberto Verdes Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.

ANEXO I

Temario: Recursos turísticos de Galicia

1. Xeografía costeira de Galicia. Principais accidentes xeográficos. Espacios naturais.

2. Xeografía interior de Galicia. Principais accidentes xeográficos. Espacios naturais.

3. Arquitectura e escultura relixiosa en Galicia. Estilos e exemplos.

4. Arquitectura civil e popular. Usos e estilos.

5. Museos, coleccións visitables e bibliotecas. Localización e breve descrición (contido e continente).

6. Síntese histórica de Galicia. Principais fitos e figuras.

7. Infraestructura turística. Turismo de costa (especial referencia ó turismo náutico). Turismo de interior: especial referencia ó turismo rural e turismo activo.

8. Infraestructura turística. Turismo de negocios e termal.

9. Rutas turísticas. Cidades e vilas históricas de Galicia.

10. Os Camiños de Santiago. Especial referencia ó Camiño Francés.