Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.164

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO do 22 de decembro de 1998 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo para o Centro Superior de Hostelería de Galicia, Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A.

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, S.A. anuncia a convocatoria para a contratación laboral fixa da seguinte praza no Centro Superior de Hostelería de Galicia.

A. Posto: auxiliar administrativo (Ref. Aux-199).

1. Funcións principais: atención telefónica e tarefas administrativas.

2. Prazas: 1.

3. Requisitos:

-Experiencia profesional en tarefas administrativas en contacto co público de 12 meses.

-FP II ou equivalente.

-Ofimática (Microsoft Office).

-Mecanografía: 200 ppm.

4. Valorarase:

-Currículo.

-Coñecementos de inglés.

-Aptitude para a realización de tarefas administrativas.

-Capacidade de integración en grupos de traballo.

5. Probas que se realizarán:

-Mecanografía (eliminatoria).

-Microsoft Word 97, Microsoft Excel 97 e Microsoft Access 97 (eliminatoria).

-Inglés: oral e escrito.

-Avaliación de aptitudes administrativas.

-Entrevista.

B. Documentación que se presentará:

-Solicitude, indicando a referencia do posto ó que se opta, dirixida ó director do CSGH (A Barcia. Estrada Santiago-Noia, km 3. Apartado 578. 15896 Santiago de Compostela).

-Currículo.

-Acreditación orixinal dos méritos reflectidos no C.V. Os títulos obtidos no estranxeiro deberán estar validados en España.

C. Prazo de presentación de solicitudes:

-O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

D. Selección:

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección designado para cada unha das prazas publicará as listas previas de admitidos e excluídos a cada proceso.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1998.

Heriberto Verdés Vilaseca

Director xerente de Turgalicia, S.A.