Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 283, con data do 11 de decembro de 1998, coa rectificación publicada no BOP de Ourense nº 289, do 18 de decembro, aparecen publicadas integramente as bases para pro

visión fixa en réxime laboral, dunha praza de encargado de instalacións e servicios, correspondente á oferta de emprego público mediante o sistema de concurso específico.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento, facéndose constar que os sucesivos anuncios referentes á presente convocatoria, soamente serán publicados no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

O Pereiro de Aguiar, 4 de xaneiro de 1999.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde