Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

ANUNCIO.

No BOP de Ourense nº 283, con data do 11 de decembro de 1998, aparecen publicadas as bases que rexerán a convocatoria para cubrir mediante concurso-oposición, por promoción interna, unha praza correspondente á escala de administración xeral, subescala administrativo, vacante no cadro de persoal incluído na oferta de emprego público para 1998.

O prazo para a presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para xeral coñecemento, facéndose constar que os sucesivos anuncios referentes á presente convocatoria, soamente serán publicados no BOP de Ourense e no taboleiro de edictos da Casa do Concello.

O Pereiro de Aguiar, 4 de xaneiro de 1999.

Eliseo Fernández Gómez

Alcalde