Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILALBA

ANUNCIO.

Resolución do 27 de novembro de 1998, do Concello de Vilalba, referente á convocatoria para prover en propiedade unha praza de técnico medio de xestión, integrada no grupo B de Administración xeral, subescala de xestión, mediante concurso-oposición restrinxido, polo procedemento de promoción interna, vacante no cadro de persoal deste concello.

No BOP nº 291, do 21 de decembro, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria.

As instancias para tomar parte na convocatoria deberán dirixirse ó presidente da corporación, e presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma en que determina o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, durante o prazo de 20 días naturais, contados a partir da última publicación deste anuncio no BOE ou no DOG.

Vilalba, 7 de xaneiro de 1999.

O alcalde

Rubricado