Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Concurso aberto para a contratación da xestión das escolas de primeira etapa de educación infantil Santa Cristina e Teis.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educacion, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 3730/332.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servicios de xestión das escolas de educación infantil en Santa Cristina de Lavadores de Vigo e Teis en Vigo.

Lotes: si, é posible licitar a unha soa escola.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 50.000.000 de ptas. (25.000.000 de ptas. por gardería).

5. Garantías. Provisional: 1.000.000 de ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40. Correo electrónico: ofi.patmun*vigo.org.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III (servicios), subgrupo 8 (outros servicios), categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 13/1995 e a técnica mediante a forma seguinte:

-Relación dos servicios e traballos realizados nos últimos tres anos neste campo.

-Titulación académica do persoal proposto para o desenvolvemento do servicio.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: ver punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo.

Data e hora: do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 10.3 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 21 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde