Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Contratación por concurso aberto da execución das obras do proxecto de rehabilitación das rúas Anguía, Cesteiros e outras de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Urban., Patrimonio e Contratación. Nº expediente 271/450.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de rehabilitación das rúas Anguía, Cesteiros, Oliva, Real, praza de Almeida, Poboadores e contorno e praza da Esperanza e contorno.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 300 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 166.38l.314 ptas. (999.971,84 euros).

5. Garantías. Provisionais: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48. Fax: 986 81 02 40. Correo electrónico: ofi.patmun*vigo.org.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d. Grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigo 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: ver punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: ver punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 20 de xaneiro de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde