Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do proxecto de desenvolvemento do Plan especial de infraestructura viaria e equipamento docente da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende (Expte. 4097/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 28 de outubro de 1998, acordou aprobar definitivamente os proxectos de desenvolvemento do Plan especial de infraestructura viaria e equipamento docente da Universidade de Vigo nas Lagoas-Marcosende (Zamáns), de conformidade coa documentación da súa aprobación inicial, a saber:

-Ordenación área de aparcamento E.T.S. de enxeñería industrial.

-Ordenación de acceso á E.T.S. de enxeñería industrial.

-Reordenación e dotación de servicios no campus universitario.

-Saneamento do campus universitario.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 11 de decembro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo