Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 01 de febreiro de 1999 Páx. 1.160

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOURO

ANUNCIO.

O Concello de Touro anuncia a contratación mediante poxa da obra denominada Acceso á Piscina Fonte Díaz incluída na 1ª fase do Plan 2000-Baixas, Anualidade de 1998 da deputación provincial de acordo coas seguintes características:

1. Proxecto: acceso á piscina en Fonte Díaz.

2. Orzamento base licitación: 11.000.000 de ptas (66.111,33 euros) IVE incluído.

3. Prazo de execución: 6 meses.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

5. Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Fianza definitiva: 4% do tipo de licitación.

7. Presentación das ofertas: 26 días naturais contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG ou no BOP de 9 a 14 horas, no rexistro xeral do concello.

8. Pregos de cláusulas administrativas: as aprobadas pola Diputación da Coruña publicadas no BOP con data do 9 de decembro de 1996.

9. Apertura de ofertas: segundo día hábil excluídos os sábados-seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións ás 12,30 horas.

10. Clasificación: non se esixe.

11. Documentación: a que consta nos pregos (BOP do 9 decembro 1996).

Touro, 12 de xaneiro de 1999.

Ignacio Codesido Barreiro

Alcalde